O Concello de Quiroga estima que o retorno das celebracións foi «superior aos dous millóns de euros»
José Luís Rivera, alcalde do municipio, fai balance das «mellores festas de verán da historia»
As festas de verán de Quiroga estiveron divididas en cinco días, dende o 8 até o 12 de agosto. Nese período púidose desfrutar de orquestras, concertos ou a Mostra do Mel. A encargada de abrir a programación foi a orquestra Panorama.
Pasados uns días dende o remate destas celebracións, o alcalde José Luís Rivera, defíneas como «impresionantes». Unha organización que incluíu a actuación de Treixaduras e o Combo Dominicano de maneira gratuíta para o presuposto municipal. A maiores, tamén se contou coa actuación dunha banda conformada por integrantes quirogueses, «hai grupos locais polos que temos que apostar».
O bo tempo foi outro dos factores determinantes para que «arredor de 20.000 persoas acudiran o municipio». Con esta afluencia de xente o alcalde estima que o retorno puido superar «os dous millóns de euros».
Como en outras ocasións ten asegurado Rivera, este tipo de celebracións hainas que «pensar como unha inversión». Con vistas a próxima edición matiza que si «as podemos mellorar vámolo facer».