miércoles. 04.06.2025

«Calculo que as festas terán un retorno de dous millóns de euros en Quiroga»

Tanto a orquestra Combo Dominicano como Treixadura acudirán sen un costo adicional ao presuposto
somoscomarca_obarco_orquestapanorama_festascristo_2023 (10)
(10)

Este 8 de agosto comezan as Festas de Verán de Quiroga coa orquesta Panorama como primeira actuación destes cinco días de celebracións. «Serán as festas máis grandes do municipio», así as define o seu alcalde, José Luís Rivera.

De feito, asegura que dende que o equipo de goberno sempre intentou «apostar» por este tipo de eventos que «repercuten na economía do pobo».

 A inversión total do concello foi de 60.000 euros, aínda que dúas das agrupacións acudirán por «financiamento». Os concertos gratuítos serán o da orquestra Combo Dominicano e Treixadura, «un por parte da Administración e outro por empresa privada». Con todo isto, Rivera espera que o municipio teña un retorno de «dous millóns de euros polos cinco días». 

Dende o equipo de goberno xa teñen posto o foco nas celebracións do ano que vén. «Intentarei traer a Panorama outra vez», a maiores acudirá Luar na Lubre, «hai que apostar polo folclore da zona». 

«Calculo que as festas terán un retorno de dous millóns de euros en Quiroga»