martes. 03.06.2025

O Concello de Quiroga estima que o retorno das celebracións foi «superior aos dous millóns de euros»

José Luís Rivera, alcalde do municipio, fai balance das «mellores festas de verán da historia»

somoscomarca_240421_quiroga_mostradoaceite_joseluisribera_bendillo_ (18)

As festas de verán de Quiroga estiveron divididas en cinco días, dende o 8 até o 12 de agosto. Nese período púidose desfrutar de orquestras, concertos ou a Mostra do Mel. A encargada de abrir a programación foi a orquestra Panorama. 

Pasados uns días dende o remate destas celebracións, o alcalde José Luís Rivera, defíneas como «impresionantes». Unha organización que incluíu a actuación de Treixaduras e o Combo Dominicano de maneira gratuíta para o presuposto municipal. A maiores, tamén se contou coa actuación dunha banda conformada por integrantes quirogueses, «hai grupos locais polos que temos que apostar».

O bo tempo foi outro dos factores determinantes para que «arredor de 20.000 persoas acudiran o municipio». Con esta afluencia de xente o alcalde estima que o retorno puido superar «os dous millóns de euros».

Como en outras ocasións ten asegurado Rivera, este tipo de celebracións hainas que «pensar como unha inversión». Con vistas a próxima edición matiza que si «as podemos mellorar vámolo facer». 

O Concello de Quiroga estima que o retorno das celebracións foi «superior aos dous...