sábado. 03.06.2023

A comarca xa ten trinta novos «recomendadores de Valdeorras»

Os recursos paisaxísticos de Valdeorras pechan o curso de AEVA para a creación de recomendadores turísticos da comarca na que participaron máis de trinta persoas, entre elas responsables de adegas, comercios e empresas gastronómicas

somoscomarca_recomendavaldeorras_serraenciñadalastra_20232023821 (1)
A comarca xa ten trinta novos «recomendadores de Valdeorras»

O Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra, en Rubiá, e a ruta da Cántara da Moura, na Veiga, foron os destinos escollidos polos formadores de Recomenda Valdeorras, Luís Carrón e Soledad Figueroa, para pechar esta innovadora actividade que se ven celebrando dende o pasado 16 de abril.

Foron en total catro rutas realizadas en dez datas diferentes e dedicadas ao patrimonio medival, o enoturismo, a romanización e por último, a natureza. A última das rutas celebrouse este sábado 20 de maio pola tarde, poñendo o broche a unha actividade que serviou non só para formar aos profesionais nos valores turísticos da comarca, se non para establecer sinerxias entre negocios, poñendo en contacto aos seus responsables nun contexto distendido e que implicaba convivencia e desfrute do entorno.

somoscomarca_recomendavaldeorras_serraenciñadalastra_20232023821 (2)
Grupo de persoas que integraron esta última actividade

En total, participaron máis de trinta de persoas, moitas delas de empresas asociadas a AEVA como a tenda de viños e enoloxía Cecilia Fernández, Ferretería Moncho, Modas Can Can, Adega da Pinguela, Casabella Modas, Adega Alán de Val, Apicultura O Marquesado, Acoval, Modas Toño, Librería Murciego, etcétera. Todas elas recibirán un distintivo de Recomendadores de Valdeorras que poderán colocar nos negocios e estarán convidados á presentación do balance da actividade que se realizará na última semana de maio para refrozar os vínculos e planificar novas iniciativas que podan ampliar esta primeira formación.

AEVA puxo en marcha esta nova formación práctica destinada a comerciantes, hostaleiros, adegueiros e profesionais en xeral sobre os recursos turísticos de Valdeorras co fin de que, aproveitando a súa localización a pé de rúa e as súas relacións directas con visitantes, poidan actuar como recomendadores turísticos.

A comarca xa ten trinta novos «recomendadores de Valdeorras»