miércoles. 25.06.2025

A Ruta das Bodegas de Petín xa ten data, o 30 de xullo

Esta festa, onde as adegas do barrio de Santiago son as protagonistas, ate o de agora celebrábase o último sábado de agosto pero este ano farase o último de xullo, o día 30.

Agárdese que, como na derradeira edición celebrada no 2019, non colla un alfinete. Máis de 1500 persoas déronse cita nesta festa de exaltación a Baco que quedou parada por mor da pandemia e que este ano se retoma.

Ruta das Bodegas de 2019

Aínda anda a organización, os membros da Asociación Fonte Grande, vendo o que se pode facer e o que non. O que se vai por de comer e que grupo ou charanga amenizará a velada, pero o que si é certo e que nas bodegas haberá viño ben fresquiño e refrescos.

Ruta das Bodegas de 2019

O cambio débese a coincidencia da data con outra festa que hai no concello, a da Portela, na que ademais tamén teñen concertada unha cea. Así, para non pisarse un evento a outro, decidiuse que este ano a Festa das Bodegas é o derradeiro sábado de xullo, o día 30.

Ruta das Bodegas de Petín de 2019

 

A Ruta das Bodegas de Petín xa ten data, o 30 de xullo