martes. 06.12.2022
Petín

A Ruta das Bodegas de Petín superou todas as expectativas

O peche das

adegas a festa trasladouse a praza do Doutor José Quiroga onde os corpos

aguantaron até altas horas da madrugada

Na rúa Santiago de Petín, o largo da cal se celebrou a VI Ruta das Bodegas, non cabía un alfinete, na pasada noite. Máis de 1500 persoas déronse cita nesta xa consolidada festa do viño e gastronómica. Con ela péchase o verán festeiro no Concello de Petín.

Este ano a novidade —como xa adiantaba alcaldesa, Raquel María Bautista no programa de Radio Valdeorras Onda Cero o pasado xoves— foi a substitución dos entremeses dentro das adegas por postos de comida ao longo de toda a rúa Santiago. Nas adegas iso si, podíase tomar viño fresquiño e resfrescos.



Panceta a grella

situada estratexicamente  nos asadores ao

principio, no medio e o final da ruta. Ensalada de pasta fresquiña e outros

tantos lugares e un posto de arroz onde se cociñaron dúas paellas de grandes

dimensións.

O tempo

acompañou, quizais en demasía xa que á apertura era demasiado o calor que

facía. A charanga ao longo do percorrido tamén fixo que a xente se animase e incluso

botase un que outro bailiño. Y é que animación non lle faltou.



Ao peche das

adegas a festa trasladouse á praza onde un DJ 

e unha discoteca móbil animou o cotarro até ben chegada a madrugada.

Vinte adegas sumáronse este ano este ruta xa consolidada e marca o fin das actividades do verán no concello. Recordar que durante o mes de xullo foron as festas patronais na honra o Santiago e a Santa Ana. No mes de agosto, hai apenas unha semana, celebrouse o desfile dos más pequenos que encheu a praza de espectadores con ganas de ver os nenos mostrar as súas habilidades na pasarela.

A alcaldesa de Petín, Raquel María Bautista estivo un ano máis axudando na organización, no posto das outras edicións, é dicir despachando entradas. Outro que non faltou foi o anterior alacalde, Miguel Bautista que tamén se agarrou as tenaces para darlle volta a panceta a grella. Y é que esta festa faise coa axuda de voluntarios e integrantes da asociación Fontegrande. Loli, Patri, Tere, Isidro, Guzmán, Elvi, Chus, Amancio, Ricardo, son algúns deles. E, por suposto todos os adegueiros que deixaron abrir as súas adegas, os voluntarios que as atenderon e o persoal de Protección Civil.


Comentarios
A Ruta das Bodegas de Petín superou todas as expectativas