Son dous os folións que existen no Concello de Petín. Por unha banda están Os Arrieros que foron so anfitrións hoxe, e por outro O Folión de Petín que fixo o propio a fin de semana pasada.
Por tanto, na tarde deste 4 de febreiro, as rúas de Petín enchéronse do son dos folións. Este sábado foron 7 agrupacións de entroido os que acompañaron aos anfitrións, Os Arrieros:, polas rúas da capitalidade do concello petinés e encheron de sons todos os lugares por onde pasaron.

Ademais dos Arrieros, tamén estiveron: Folión de Buxán, Os Labregos (Trives), A Caniceira (Trives), Folión de Candrexa de Queixa, Os Viticultores, O Irrio Castro Caldelas e As Maceiras (Trives).

Logo do percorrido polas rúas todos os folións remataron na praza onde os «toques» mesturáronse e os folións tamén. Unha tarde que se alongou até ben pasadas as nove da noite e na que os bares da tamén foron protagonistas