O Folión de Petín celebrou na tarde-noite de onte, 26 de xaneiro, a xuntaza que inaugurar o Entroido na comarca. Comeza así, a tempada da troula, momento no que os folións teñen un gran protagonismo.
Esta fin de semana inaugourase a tempada en Petín por parida dobre, onte celebrabáse a primeira xuntanza organizada polo Folión de Petín e hoxe sábado a segunda organizada polos Arrieros, o outro folión do concello.

O Folión de Petín leva en funcionamento máis de 40 anos e continúa sendo fiel ás súas raíces. A xuntaza deu comezo ás 20.30 horas da tarde. Xunto a eles estiveron os folións de Carracedo dá Serra, Chandreda, Tameirón e os Viticultores de Vilamartín.

Unha tradición que se "leva no sangue". O seu ritmo, inconfundible, non sufriu modificacións ao longo dos anos. Encabezaba a xuntanza Antonio «Petra», un dos fundadores coa cativa máis nova do grupo. Na praza agardaban un grupo de mulleres entre as que se atopaba Noemí, integrante do folión se que este ano non toca porque acaba de ser nai e a alcaldesa. Raquel María Bautista Carballo.