A Festa da Freba  encheu a pista deportiva de Petín

Un homenaxe a Pili «da Mansa», a persoa que xunto a súa familia acende os caracois na procesión da Soidade para seguir coa tradición instaurada antes da pandemia

 A Festa da Freba de Petín reuniu na pista deportiva cuberta que está situada detrás do Teleclub, a máis de 550 persoas que tiñan ganas de desfrutar desta celebración despois de dous anos de pandemia.

O evento gastronómico retómase tras a pandemia e faino cunha nova homenaxe, neste caso a Pili «da Mansa». Pili e a encargada, xunto a súa familia de acender os caracois na procesión da Virxe da Soidade que se celebra o día de Venres Santo pola rúas de Petín.

Desde que é alcaldesa Raquel María Bautista Carballo, a festa pasouse ao formato de comida xa que como ela manifestou a este medio «así poden vir os maiores». E, é que a alcaldesa quere que sexa unha celebración para todos e non só para os novos.

Pili la persona que vela por la tradición de los caracoles encendidos. Caracoles, Semana Santa Petín 2017

A festa tamén se complementa cunha homenaxe, se a anterior fora a Inés López Siso, a persoa máis lonxeva do concello,—102 anos ten na actualidade— este ano recaeu en Pili quen alumea ano tras ano a soidade da virxe. en Semana Santa. 

Pili recibiu unha placa conmemorativa e un ramo de flores

O menú composto  por consomé, chourizos cocidos, frebas á brasa, e postre —aínda que non estaba claro se sería bica ou ucheira ao fial foi este último o que decantou a balanza. Todo regado por bos viños de  Valdeorras. Non faltaron os chupitos de licor café.  Ao finalizar a comida a disco móbil Danzalia puxo a nota musical a un evento que segundo a alcaldesa foi un éxito rotundo.