martes. 28.06.2022
Petín

Petin, misere e luz de caracois para acompañar a Virxe

A procesión da Soidade ou dos Caracois atraen a Petín, na noite de Venres Santo, a multitude de devotos, xente do pobo ou simplemente visitantes que se achegan nestes días festivos a comarca e queren descubrir algo novo.

[df-caption title="" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/04/somoscomarca_petin_semanasanta_soledad_caracoles_2017-1.jpg"]

As rúas da parte vella de Petín déixanse invadir polo silenzo das xentes, so roto polo son do miserere, canto en latín a cargo dun grupo de homes do pobo que na penumbra fan soar as súas potentes voces.

[df-caption title="" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/04/somoscomarca_petin_semanasanta_soledad_caracoles_2017-5.jpg"]

Outra peculiaridade desta procesión é a escaleira adornada con caracois dos que sae unha titubéante chama.  Esta tradición ven de moi antigo, a familia de Pili da “Mansa”, como así se coñece en Petín, é a encargada de por luz na rúa da Carreira.

[df-caption title="Pili acendedo os caracois" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/04/somoscomarca_petin_semanasanta_soledad_caracoles_2017-4.jpg"]

Outra procesión, na que neste día de Venres Santo tamén se veu a luz dos caracois, foi na da Vila do Castro. A Virxe enlutada recibiu a tremente luz dos caracois acompañada polas xentes.

[df-caption title="" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/04/somoscomarca_petin_semanasanta_soledad_caracoles_2017-7.jpg"]

Comentarios
Petin, misere e luz de caracois para acompañar a Virxe