jueves. 30.03.2023

O Entroido xa se deixou ouvir en Petín

Os Viticultores de Vilamartín, Os de Tameirón, os de Chandrexa e os organizadores os de Petín, fixeron soar os seus bombos, tamboriles, aixadas e gadañas

Eran as sete e media do serán deste sábado, 28 de xaneiro cando os organizadores da xuntanza — O Folión de Petín—, comezou a marcha desde O Toural até a Praza facendo soar os seus aparellos.

Un esqueleto encabezaba o grupo de catro folións que esta tarde se daban cita en Petín. O Folión de Chandrexa foi o segundo en deixarse ouvir, e tras el o dos Viticultores de Vilamartín. Por último Os de Tameirón pecharon o desfile.

Un serán frío máis con moito ritmo e troula.

 

O Entroido xa se deixou ouvir en Petín