viernes. 19.04.2024

O núcleo urbano xa dispón de internet de até 500 megas simétricos do operador galego

Ás redes de nova xeración de R, instaladas vai uns días en Petín, permitirán accesos ultrarrápidos a internet e ademais «desfrutar» doutros servizos avanzados de telecomunicacións.



O operador galego vén de rematar en Petín, parte das tarefas de despregamento da rede de fibra óptica, que aproveitaron ao máximo as infraestruturas municipais da localidade. Arredor de 240 fogares e empresas quedan preparados para recibir os servizos avanzados de teléfono, internet de até 500 megas simétricos e televisión dixital multicanle de R, cando se completen todos os traballos.



8 millóns de

investimento e fondos europeos

Este e outros despregamentos nas provincias Ourense e Lugo están subvencionados polos Fondos FEDER da Unión Europea. Forman parte dun dos proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Economía e Empresa dos que R foi adxudicataria en 2016 para despregar FTTH (fibra ata o fogar) nas chamadas «zonas brancas», é dicir, as que nunca dispuxeran de accesos de alta velocidade até este momento.



Xunto co das provincias de Lugo e Ourense, o operador galego conseguiu tamén a adxudicación doutros dous proxectos; un, para a provincia de Pontevedra e outro para a da Coruña.



En total, os tres proxectos supoñen un investimento de preto de 8 millóns de euros, dos que 4,3 son subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea, a través do Programa de Extensión de la Banda Ancha de Nueva Generación (PEBA-Plan Avanza) do Ministerio de Economía e Empresa. Nas provincias de Lugo e Ourense o investimento total supera os 785.000 euros, dos cales máis de 430.000 proceden dos fondos europeos.

Operarios instalando o cableado

Servizos avanzados para novos fogares e empresas

Cando se completen os traballos de despregamento nas catro provincias galegas, arredor de 33.000 fogares e empresas destas «zonas brancas» formarán parte do millón longo de fogares e negocios que a día de hoxe están en disposición de recibir os servizos avanzados de R en Galicia.



Ademais dos accesos ultrarrápidos a internet con velocidade garantida está tamén o desco 4k da televisión dixital de R, pura alta definición co servizo rebobina para ver a tele como e cando se queira.



Así mesmo, os clientes de R poderán aforrar no seu plan de datos móbiles e conectarse de balde a milleiros de puntos da rede wificlientes R espallados pola xeografía galega. E todo isto cunha atención ao cliente próxima, de calidade e sempre desde Galicia.


Chega a Petín internet de alta velocidade coas redes de nova xeración de R