sábado. 07.06.2025

O Bolo celebrou o seu Entroido cargado de tradición e emoción

O evento arrancaba no Bar Murias de Cambela, donde o Folión de Buxán fixo a súa aparción, mentres que o Touro e o Xigante de Celavente presentábase no Restaurante Boavista de Lentellais. Ás 20.00 horas, os dous grupos uníronse para percorrer as rúas da Vila. 

O sábado 28 de febreiro, ás 19.00 horas, comenzaba unha das celebracións máis esperadas do Entroido no Bolo: A Xuntanza do Folión de Buxán co Touro e Xigande de Celavente. O evento arrancaba no Bar Murias de Cambela, donde o Folión de Buxán fixo a súa aparción, mentres que o Touro e o Xigante de Celavente presenáronse no Restaurante Boavista de Lentellais, Ás 20.00 horas, os dous grupos uníronse para percorrer as animadas rúas da Vila. 

somoscomarca_20250228_obolo_entroido_folionbuxan_touroexigantedecelavente (39)

 


O percorrido comenzou co Touro e o Xigante, seguidos por un colorido desfile de damas ataviadas con enaguas e chapeus de mil cores. A música das gaitas, pandeiretas e acordeóns encheo o aire de alegría, creando un gran ambiente festivo e de tradición que contaxou a todos os presentes. A medida que avanzaban, o Folión de Buxán uniuse o percorrido, achegando a súa enerxía cos sons dos bombos, aixadas e gadañas, mentras as Mázcaras cegaban con seu espectacular baile.

O largo do traxecto, o grupo fixo paradas en diferentes casas, onde os veciños ofrecéronlles deliciosos petiscos, doces e bebidas para repoñer forzas. Con cada parada, o festa continou, enchendo as rúas de O Bolo con risas, música e cunha gran emoción que embargaba a todos os presentes. O pasarrúas rematou no Polodeportivo, onde lles esperaba unha gran pinchada a todos os presentes.

TOURO E XIGANTE DE CELAVENTE

Teresa, Lola y Angela cóntannos a fermosa tradición do Touro e Xigante de Celavente. Unha tradición que perdura ao longo do tempo!  Este pobo, o máis grande do Concello do Bolo, vivía con emoción cada ano a celebración na que cada barrio creaba o seu propio toro e xigante, competindo por ver cal era o máis bonito. A xente viña de lugares tan distantes como Cuba e Buenos Aires, todos ansiosos por admirar os traxes e as enaguas máis espectaculares.



Os barrios adornaban os seus xigantes con postais e espellos, e os mozos, cheos de valentía, non podían resistir a tentación de torear ás novias que se achegaban. A mañá da celebración era máxica, xa que os xigantes e touros percorrían os pobos cercanos, levando alegría e diversión a todos. A xente agardaba con ilusión para ver cal toro destacaba, aínda que moitos se escondían un pouco, temerosos de ser "toreados".

somoscomarca_20250228_obolo_entroido_folionbuxan_touroexigantedecelavente (4)

Cada barrio tiña o seu propio estilo, e os de Fornelos, por exemplo, eran famosos por as súas representacións teatrais. Non podía faltar o "Entrudio", un muñeco feito con roupas vellas, pero que sempre lucía elegante e que colgaban nun pao ben alto para que se poidera ver. Esta tradición non só unía á xente de todos os pobos,  senón que tamén creou  recordos imborrables que se transmitiron de xeración en xeración.

O Bolo celebrou o seu Entroido cargado de tradición e emoción