Boa xente a de Buxán, divertidos e hospitalarios. Fomos a miña compañeira e mais eu esta mañá pensando que a gran pulpada se faría polo mediodía —no cartel non poñía hora e cada quen supón o que quer— pero non foi así, e ben que nos alegramos xa que compartimos o seu espírito trouleiro.

Chegamos onde a igrexa e aquelo xa tiña mala pinta, non se escoitaba música e tampouco había moito movemento así que preguntámoslle a un home que se cruzou no noso camiño, onde é a festa? E, espetounos, «que festa? A festa é a tarde pero se queren falar cos da comisión estanlle no bar»

E para alí fomos, deixamos o coche no medio da praza, preto dun cruceiro ben bonito e xa observamos que debaixo dun fermoso e frondoso concheiro había mesas preparadas para a festa.

Como nos non somos precisamente discretas, saíu a primeira persoa do bar ea quen lle preguntamos pola comisión e xusto era un dela. Foron saíndo mozas e mozos e non tan mozos e tan mozas e propuxémoslles facer unha foto porque non queriamos irnos de vacío e a tarde tampouco podiamos voltar.

Aí empezou todo, que si espera por un, que si espera por outro, que agora ben fulanito, que agardes que ven menganito. Entre risas e fotos pasamos un rato agradable cunha xente que merece a pena coñecer.

Aínda estas a tempo. Á ra e aos bolos xa non podes xogar pero seguro que aínda queda unha tallada de pulpo para levar á boca e sobre todo bailar coa charanga e a disco móbil. De seguro que vas pasar un ben trouleiro.

Por certo, se entras no bar, seguro que si, fíxate que no altillo están os bombos e moito material do folión que teñen uns gorros e un baile moi, moi especial.
Buxán como tantas, e tantas aldeas da nosa contorna triplica case que a súa poboación no verán ao igual que triplican encanto as súas xentes. Viva Buxán!
Esto foi o que nos contaron: