lunes. 02.06.2025

«Con esta actividade queremos ensalzar o Castelo do Bolo»

A inauguración desta segunda Feira Irmandiña será ás 11:00 deste 14 de agosto coa apertura dos postos de produtos tradicionais. Ás 12:00 ofrecerase un pregón da man de Carlos Domínguez
somoscomarca_obolo_feirairmandiña (26)

Este mércores 14 de agosto celébrase na contorna do castelo do Bolo a segunda edición da Feira Irmandiña. Unha festa que se fai lembrando o pasado desta construción na Idade Media e un dos feitos máis relevantes como foi o ataque dos Irmandiños a esta fortaleza. 

Os postos abriron de as 11:00 ata as 21:00. A media mañá, o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, acudirá ao recinto xunto o alcalde Alberto Vázquez. A esa mesma hora, o músico e científico, Carlos Domínguez, ofrecerá o pregón. 

«Hai arredor de 23 postos», asegura o alcalde do Bolo, nos que se poderá obter produtos como mel, viño, queixos ou artesanía variada. 

Para a hora da comida, poderase degustar polbo, aínda que unha das novidades é o porco ó espeto. Para ese xantar, cada persoas que adquira a entrada levarase de agasallo un prato conmemorativo da feira. 

En horario vespertino, dende ás 15:00, os máis pequenos poderán desfrutar de xogos inspirados no medievo, «queremos enxalzar o Castelo». Poderase acudir a actividades como deseño de bandeiras, pintacaras ou un inchable ata as 21:00. 

A partir das 19:00 o grupo "Platea Lúa" recorrerá ás rúas do Bolo contando a historia que envolve a localidade. Sairán dende o concello ata o castelo. Xa ás 20:30 comezarán os cantos de taberna co grupo Abertal «ata cerrar a feira». 

Caída a noite, realizarase outra das novidades desta segunda edición, un vídeo mapping. Será sobre a «muralla onde haberá imaxes representativas do levantamento irmandiño», explica o alcalde. 

«Con esta actividade queremos ensalzar o Castelo do Bolo»