viernes. 19.04.2024

O alcalde do Concello do Bolo, Manuel Corzo, agradece a implicación da Deputación de Ourense na procura do arranxo da ponte

No mes de decembro de 2019 unha riada levou por diante a Ponte de Barxa. Esta comunica os núcleos do Seixo (O Bolo) con Barxa (Petín), facilitando que os veciños de ambas aldeas podan ir ata ambas cabeceiras municipais sen ter que facer un extenso rodeo.

Tras case ano e medio de loita por parte do concello para arranxar esta infraestructura, onde chegouse a considerar a opción de que os pontoeiros do exército acudiran a botar unha man, esta semana creouse unha comisión formada polo alcalde, membros da Deputación de Ourense e da Xunta de Galicia.

A comisión comezará a traballar na procura da mellor fórmula que permita a reconstrución da ponte sobre o río Xares a través dunha nova proposta que consiste na demolición da actual estrutura e a construción dunha nova, cun orzamento de máis de 462.000 euros e un prazo de execución de catro meses.

Manuel Corzo, rexedor da vila, subliña a ledicia polo compromiso acadado entre as administracións ao aprobar por unanimidade a importancia do arranxo da infraestuctura. «A ponte hai que arreglala pronto».

Ponte necesaria

Esta construcción evita que os veciños do Seixo (O Bolo) teñan que facer un rodeo por carretera de 25 minutos para poder ir ata A Rúa, recordando o alcalde da vila que aínda hai rapaces que estudan en secundaria no concello rués, polo que de luns a venres deben facer este camiño por Celavente. «É unha obra de primeira necesidade».

«Falta de acordo»

O secretario de Organización do Partido Popular de Ourense, Pablo Pérez, cualificou hoxe de "escandalosa" a falta de colaboración que a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil esta a demostrar co municipio do Bolo, logo de non comparecer onte na reunión constitutiva da comisión de seguimento para a reconstrución da ponte sobre o río Xares, amparándose na falta de efectivos e recordando que únicamente colaboraran en trámites administrativos.

Dende o partido consideran ao igual que Manuel Corzo de vital importancia a reconstrucción desta ponte.

O PSdeG-PSOE subliña a boa consonancia co alcalde do Bolo

Aurentino Alonso, edil provincial polo partido socialista subliñou a colaboración entre as administracións co fin de recuperar esta ponte tan importante para os núcleos de poboación, recordando os actos de apoio xunto feitos no mes de novembro ao concelleiro do PSOE Juan Ferreira.

A Ponte de Barxa un paso máis preto de ser arranxada