viernes. 29.03.2024

O municipio veráse beneficiado dunha achega de 90.000 por parte da Xunta para as súas infraestrtuturas rurais

O Concello do Bolo veráse beneficiado dunha achega de 90.000 euros da Xunta de Galicia destinada a mellorar as infraestruturas rurais do municipio. Desta manera poñeránse de relevo os traballos de limpeza e restauración da senda da Falcoeira que se están a executar ao abeiro do Plan de Infraestruturas Rurais (PIR) de 2020 por un importe próximo aos 29.000 euros.

Estos únense aos máis de 25.000 euros concedidos na pasada edición do Plan de mellora de camiños municipais para o mantemento da vía de Entrambas Augas. A maiores, cómpre sinalar que na presente convocatoria do Plan Marco O Bolo ten asignados preto de 34.000 euros máis.

Na xuntanza que mantivo Manuel Corzo na Consellería do Medio Rural, o rexedor do Bolo falou sobre á posta en produción de parcelas abandonadas ou en estado de infrautilización.

Así buscaron a forma para promover o municipio os distintos instrumentos de mobilización, ao abeiro da futura Lei para a recuperación da terra agraria de Galicia, actualmente en tramitación no Parlamento.

Por elo buscaráse impulsar a creación de riquza a través de polígonos agrarios, aldeas modelo ou agrucacións de xestión conxunta como ven ocurrindo noutros concellos da contorna como o da Veiga.

O Bolo verá melloradas as súas infraestruturas rurais