viernes. 01.12.2023

O adegueiro Rafael Palacios será o homenaxeado no xantar tradicional pola súa aportación á riqueza do municipio

Así nolo conta Manuel Corzo, actual alcalde do concello, quen resalta a importancia de contar ademáis coa eurovisiva Lucía Pérez, representante española no Festival da Canción Internacional por excelencia en 2011. Pero «A Vitela» no virá soa. Este ano, como dende fai tres, virá acompañada dunha nova edición da Festa Medieval no Castelo, cuxos actos xa se prevé que den comezo arredor das 11:00 horas.

Viñedos en bancais na zona de Santa Cruz, no Bolo

A esa hora abrirá as súas portas o Mercado Medieval, con animación polas rúas do pobo. Tras a comida, ás 18:00 horas dará comezo o Festival cunha exhibición de Cetrería do Salnés, e tras él, será o turno de Javier Franco, un gaiteiro á usanza medieval. Contará o evento coa actuación dos Raparigos do Ferrol, grupo ao que está adicado en homenaxe, esta terceira edición da Feira. Terán espazo tamén os membros do grupo de Zanfonas da Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense, as Cantareiras da Seitura de Lentellais, as Cantareiras da Real Banda e o Real Xuvenil e Banda de Gaitas do Concello do Bolo, do que o pobo e o seu alcalde están máis que orgullosos.

Manuel Corzo e Foxo vendo as actuación na pasada edición do Festival

Seguro de que a afluencia de xente está asegurada, Manuel Corzo confesa que o Sábado Santo é unha das mellores datas para celebrar a festa precisamente pola coincidencia ca Semana Santa e o poder de atracción de público que posúe. «Cando estén funcionando os tres muíños restaurados, o aceiteiro, fariñeiro e a mini-central, pensaremos en levar a Festa da Vitela ás Ermitas, xuntando así o patrimonio cultural do Bolo e as dúas xoias que ten», explicou Corzo.

Festa da Vitela do pasado ano

Si deseas escuchar la entrevista completa al alcalde de O Bolo, Manuel Corzo, puedes hacerlo en el siguiente enlace:

Xosé Lois Foxo coa Real Banda de fondo na anterior edición do estival

O Bolo celebra o Sábado Santo a III Feira Medieval e a XII Festa da Vitela