
A Ponte de Barxa leva máis de ano e medio derruida tras as riadas de finais do 2019
No mes de decembro de 2019 unha riada levou por diante a Ponte de Barxa. Esta comunica os núcleos do Seixo (O Bolo) con Barxa (Petín), facilitando que os veciños de ambas aldeas podan ir ata ambas cabeceiras municipais sen ter que facer un extenso rodeo.
Tras máis ano e medio de loita por parte do concello para arranxar esta infraestructura, onde chegouse a considerar a opción de que os pontoeiros do exército acudiran a botar unha man, e creándose unha comisión por parte da Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia, o alcalde do Bolo, Manuel Corzo falou sobre a paralización do proxecto.
O rexedor explica a impaciencia da veciñanza e tamén da alcaldía tras tanto tempo sen esta infraestructura, que considera moi necesaria, salientando que el é o primeiro que a ponte esté construida o antes posible.
Recordou o rodeo que teñen que dar todos os habitantes e máis para os cativos que teñen que ir a escola na Rúa facendo un extenso rodeo.
Tamén detalla que Xunta e Deputación deberían poñerse canto antes na procura dunha solución que pasa pola construcción dunha nova ponte que ten un custo de 400.000 euros.
Corzo explicou que un concello como o seu non pode asumir o prezo desta obra, por elo reclama a axuda das institucións. Por elo púxose tamén en contacto co presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Jose Antonio Quiroga, para buscar a maneira de retomar o proxecto.
A súa vez reclama que as administracións provinciais e autonómicas teñan en conta aos municipios pequenos como o seu en temas tan importantes como a falta de infraestructuras ou o arranxo das mesas.
Polo momento o tempo avanza sen solucións, todo nun verán onde os visitantes aos pobos afectados pola falta da ponte aumentou en referencia ao 2020.