A Estoupa de Xudas congrega a ducias de visitantes nas Ermitas

Francisco Porto y Miguel A. García
Francisco Porto con sus hijos
Francisco Porto
somoscomarca_20240331_asermitas_obolo_estoupadexudas (23)

Francisco Porto: «Para min o día de hoxe é moi importante e emotivo porque despois de tanto tempo volvo a facelo»

 

Vinte e oito anos despois, a tradición da Estoupa de Xudas, volve ás Ermitas (O Bolo). Un acto que pretende emular a morte de Xudas, do traidor, nunha data especial: o Domingo de Resurrección, de Pascua. Dende o ano 1996 leva O Bolo sen vivir esta actividade, e que este ano volveu a celebrarse antes da misa nas Ermitas. 

O Xudas está feito con panos e petardos no seu interior que tras prendelle a mecha, estoupa. Colócase no alto dun pau que xira. «É unha tradición moi antiga, nin se sabe a data exactamente», explicaba o encargado de realizar a figura, Francisco Porto. «Hai que ter moita delicadeza para facelo, xa que se tardan moitos días en elaborar». 

Entre bágoas de emoción, Francisco Porto lembraba hoxe ao seu pai,  no que recaían as labores de facer o Xudas neste acto. «El faleceu, logo seguimos facéndoo os meus irmáns e eu, e agora son eu o encargado de elaboralo. Dedícollo a el». 

Francisco Porto

Unha tradición que se recupera este ano e que congregou a veciños e estranxeiros para demostrar a protección polo patrimonio propio

Se quere ver un vídeo da Estoupa de Xudas deste ano, aceda ao seguinte enlace: