
O Concello do Bolo celebrou o seu pleno ordinario no que o rexistro dos galiñeiros e a situación dos gandeiros tomaron especial importancia.
Por parte dos populares, presentaron un rogo para levar a cabo a inscrición de alta dos galiñeiros aos veciños do Bolo. Este rexistro pódese facer no propio Concello coa colaboración dos traballadores.
O que pretenden con isto é facer máis doada a xestión os habitantes do municipio e «así non ir a unha cámara agraria nin as oficinas da Xunta en Viloira», aseguran dende o Partido Popular. Pola súa banda, o alcalde do Bolo, Alberto Vázquez, asegura que «isto xa se está a facer, de feito, onte xa viñeron persoas a informarse».
Dende o Partido Socialista, presentaron unha moción —a única que se levou a este pleno—, que se centraba na axuda os gandeiros. Desta maneira, o que se pretende é axudalos e apoialos na súa petición de ter menos burocracia. Esta moción era aprobada por 7 votos a favor, é dicir, por unha unanimidad.