sábado. 12.10.2024
undefined
Aparece a septuaxenaria do Bolo que faltaba da casa desde onte á tardiña

O operativo atopaba á septuaxenaria sobre as 10.00 horas deste 8 de xuño. Malia estar en bo estado trasladouse á muller ao centro de saúde da vila para examinala e avaliala.

Protección Civil do Bolo, nun comunicado enviado aos medios, agradecía a colaboración da veciñanza e a dos corpos de seguridade e emerxencia grazas aos cales se atopou en bo estado á veciña deste concello desaparecida onte, 7 de xuño.

«Onte a tarde recibimos a chamada dunha veciña debido a que unha familiar non aparecía na casa. De seguido mobilizamos 5 voluntarios e puxémonos a buscar coordinados pola Garda Civil. Pola noite suspendíase o operativo e esta maña dende primeira hora puxémonos outra vez a elo», explicaban desde Protección Civil do Bolo.

«Dende Protección Civil O Bolo e a familia queremos expresar e trasladar toda a nosa gratitude aos veciños e veciñas do Concello de O Bolo que nos axudaron nas tarefas de búsqueda da nosa paisana que non aparecía dende onte a noite. Tamén agradecer todo o traballo da Garda Civil, GES A Veiga e as distintas agrupacións de Protección Civil —A Pobra de Trives e Petín— que nos viñeron axudar hoxe e contribuíron a que esta búsqueda tivera un resultado positivo», manifestas en agradecemento aos que participaron na súa procura.

Para rematar recalcan que «estamos dispoñibles a través do 112 ou no 686549136 as 24 horas do día, os 7 días da semana».

Aparece en bo estado a septuaxenaria do Bolo que faltaba da casa desde onte á tardiña