miércoles. 31.05.2023

Antonio López: «Vamos mirar para o monte e facer del unha forma de vida»

O PP do Bolo presenta una candidatura que baseará o seu mandato en catro piares: arranxo dos pobos e as súas necesidades, o monte e a industria, o turismo e o tema social con proxectos e oportunidades para os xoves
somoscomarca_obolo_elecciones28m_candidaturappobolo_20232023553 (1)
Antonio López: «Vamos mirar para o monte e facer del una forma de vida»

 Co lema 'O Bolo entre todos' o Partido Popular do Bolo preséntase ás vindeiras eleccións cunha lista renovada na que están caras coñecidas doutras lexislaturas como é o caso do cabeza de lista, Antonio López; o segundo, José Vega; e Manuel Blanco. Traen ilusión e gañas e o primeiro que di o candidato a alcaldía na conversa mantida con Somos Comarca é: «Nos o único que vamos prometer é traballo, traballo e traballo». Os integrantes da lista van desde os 28 anos aos 70 e con diferentes.

«Mirar» para o monte como una forma de vida é un dos obxectivos deste grupo de homes e mulleres que acoden as eleccións baixo a sinatura do PP. «O monte ten que ser produtivo, no pode ser só leña para queimar», subliña Antonio López. Pero ademais do aproveitamento forestal queren fomentar «a industria vinícola, agrícola e cárnica polo que pretendemos recuperar os nosos soutos, viñedos e pastos». Un selo de calidade para os produtos alimentarios e artesáns é outro dos cometidos. 

somoscomarca_obolo_elecciones28m_candidaturappobolo_20232023553 (8)
María José(6), Manuel Blanco(4), José Vega (2) Antonio(1), Lorena(3), Manuel Prieto(5), José Alonso (7)

Outro piar desta formación serán as aldeas. «Vamos a mirar para os pueblos e frear a despoboación. E, iso conséguese sacándolle produción ao monte», asegura López. A produción de castaña e uva axudará a erradicar esta despoboación segundo o número un da candidatura do PP.

«Hai que arranxar vivendas nos pueblos para que a xuventude, ahora que se conseguiu a alta capacidade de Internet en todos os pobos; que podan vivir e que podan facer desde aquí a súa vida», explica a Somos Comarca.

O turismo está moi presente na formación, e ademais de por en valor o que xa hai, o Castelo, as Ermitas ou o Museo Yosso queren potenciar novas rutas de sendeirismo, facer un museo do viño e festas gastronómicas pero sobre todo apoiar á hostalería. 

Así presentan desde o Partido Popular do Bolo aos integrantes da candidatura para os vindeiros comicios do 28 de maio:

1º - Antonio López Sánchez

«A min coñéceme todo O Bolo, son “o dos números” do noso centro de saúde e creei e levo a Protección Civil do concello. É a segunda vez que me presento con este partido nos comicios municipais, aínda que a anterior tiven que deixalo o pouco tempo por motivos familiares. Preséntome nesta candidatura coa ilusión de levar este concello ao mais alto do seu ser. Levo un equipo comigo que a súa xenerosidade, honestidade, lealdade, profesionalidade e de capacidade de compromiso non me deixan lugar a dúbida de que faremos deste concello un lugar con un futuro prometedor. Quero facer un espazo de encontro, de proximidade e de intercambio de ideas, onde todos seremos benvidos, sendo unha institución aberta ao cidadán».

somoscomarca_obolo_elecciones28m_candidaturappobolo_20232023553 (2)
O Candidato á alcaldia polo PP do Bolo, Antonio López

2º - José Vega Martínez

«Pepe de Lentellais, Pepe Lanicas, Pepe Carniceiro, Pepe das Ermitas ou Pepe do Santuario. Outro que todo o concello, limítrofes e parte do extranxeiro coñece a este home. Traballador incansable, con experiencia política neste concello onde xa estivo de concelleiro e preéentase neste equipo coa determinación de levar o traballo diario. Non hai naide que poida falar mal del».

somoscomarca_obolo_elecciones28m_candidaturappobolo_20232023553 (3)
José Vega, número 2 da lista

3º - Lorena Carracedo Rodríguez

«A “grande” do grupo. A súa mocidade non é incompatible coa súa experiencia laboral. Con estudios en administración e finanzas e asesoramento financeiro é unha entusiasta do concello, das súas costumes e tradicións. Non pode haber mellor persoa para acompañarnos nesta nova etapa do Concello. Partícipe de diversas actividades cos nenos do concello e no voluntariado activo, tamén moi coñecida tanto polo seu traballo como pola súa familia. Aporta ó equipo a frescura e gañas necesaria para levar a cabo proxectos con ideas novas, tendo en conta as necesidades da xuventude e dos máis pequenos».

somoscomarca_obolo_elecciones28m_ppdobolo_2023562
Lorena Crracedo, a mais xove da formación

4º - Manuel Blanco Salgado

«Manolo de Buxán, tamén ten experiencia política, pois xa acompañou ao partido en etapas anteriores. Traballador das viñas, encargado de un equipo, agora xa xubilado, atopase con forzas para loitar pola idiosincrasia dos pobos. Leva o folión na súa alma. Non poderíamos ter mellor representante dos pobos, do folión de Buxán e da viticultura do concello.

somoscomarca_obolo_elecciones28m_candidaturappobolo_20232023553 (6)
Manuel Blanco vai na lista de catro

5º - Manuel Prieto de Azevedo

«Manu Taxista, polifacético veciño, bo representante tamén de protección civil, e coñecido pola maioría dos cidadáns do concello polo seu ben quefacer á hora de acompañar aos maiores dos pobos nos seus viaxes. Coñece de primeira man cada recuncho e necesidades de cada pobo».

somoscomarca_obolo_elecciones28m_candidaturappobolo_20232023553 (7)
Manuel Prieto, o taxista.

6ª – María José Rúa Vázquez

«Veciña de Fornelos e extraballadora da residencia, coñece á perfección os problemas dos nosos maiores. Agora xubilada, dedicará tempo a sua vocación: coidar e solventar as necesidades que poidan ter as persoas maiores do concello».

somoscomarca_obolo_elecciones28m_candidaturappobolo_20232023553 (9)
María José Rúa fai o número seis

7º - José Alonso Fernández

Outra persoa ben coñecida no concello. Traballador na agricultura, chega a este proxecto coa ilusión de mellorar a calidade de vida no concello e darlle o valor que ten a actividade tanto a da agricultura como a da ganadería».

somoscomarca_obolo_elecciones28m_candidaturappobolo_20232023553 (4)
José Alonso é o derradeiro da lista

Manuel Fernández Castro, o primeiro dos suplentes

«É pedáneo de Celeirós. Veuse de Barcelona ao rematar a súa vida laboral. É bo coñecedor dos problemas dos distintos núcleos do concello. Incorpórase neste grupo para axudarnos a mellorar a calidade de vida dos nosos conveciños».

Matilde Domínguez Vega, segunda das suplentes

«Boa coñecedora de toda a xente do concello e tamén con traxecto longo en política. Aportará a experiencia e comisura a este proxecto».

Antonio López: «Vamos mirar para o monte e facer del unha forma de vida»