Nova moto para a Policía Local do Barco
10 de julio de 2024 (11:32 h.)
Substitúe á actual que ten 15 anos de antigüidade e tivo un custo de preto de 10.000 euros
O Concello do Barco recibiu unha nova moto para a Policía Local do municipio. Trátase dunha motocicleta Honda ADV 350 que substitúe á que estaba en servizo ata o de agora —con 15 anos de antigüidade—.
O novo vehículo, que está rotulado e equipado con sinais luminosas e sonoras, é apta para o seu uso tanto urbano como para pistas de terra. O vehículo completa o parque móbil co que conta a Policía Local do Barco.
Tivo un custo de preto de 10.000 euros, unha partida orzamentaria que se aprobou no pasado mes de abril —xunto aos 20.000 euros que se destinarán á colocación de dez cámaras de tráfico—.