
































Achegarse a Fervenza neste Nadal e entrar nun pobo de conto navideño, donde non faltan as galletas de xenxibre, as piruletas xigantes, as luces nas casas, os renos, os caramelos, as coroas nas portas, figuras de madeira e mesmo un tractor que asemella un reno desde onde os paxes tiran caramelos para o disfrute dos cativos e non tan cativos.

A idea surxiu o ano pasado cando se xuntaron todos os veciños para facer un magosto, pero non quedaron moi contentos co que fixeron, así que este ano pactaron unha temática, que foi facer unha aldea de Nadal de caramelo, máis ou menos como nas películas, e así acordaron que cada casa ía a ser un lugar determinado, así podemos atopar a chocolatería, a pastelería, a casa do apalpador e a casa de xenxibre.

Desta maneira cada veciño intentou facer unha coroa adaptada a temática da súa casa e docorar máis ou menos o entorno. Todos os sábados, dende o mes de agosto, comenzaron a reunirse para facer cousas pequeniñas, como os adornos das xanelas, que fixeron con capsulas de café e con botes de gelatina, intentando reciclar todo o que poideron. Tamén innovaron con taboas pintadas con diferentes persoaxes.

"A idea é ver un pouco de cor, porque senon todo está moi apagado", explicaba Gara Ojea, alma mater desta idea, en declaracións feitas a este medio. Ademáis, invita a visitar Fervenza neste Nadal, e sobre todo "que o fagan nas súas propias aldeas e que reivindiquen o do rural porque é moi importante".

Este sábado, 7 de decembro, ás 17.00 horas, puxeron todo en marcha baixo a ententa mirada de todos os alí presentes. O resultado e incrible, non hai nin dez metros en toda a aldea sin luces nin adornos. A felicidade nas facianas de todos os presentes foi o mellor de todo, porque diso se trata nestas datas, non?