lunes. 09.06.2025

Luis Alonso: «O foco que viña de Viloira apagouse, se non houbera feito a malla»

91b1cdf6-f3cf-4211-b24c-9ca780b20ef7
Luis Alonso: «O foco que viña de Viloira apagouse, se non houbera feito a malla»

Tocou recorrer a zona de Santa Mariña, Vales e Cesures, nos dous primeiros, ninguén quixo dar a súa testemuña pero si en Vales. Luis Alonso veciño de esta última aldea, contou como se viviu a chegada do lume.

Sinala que  foron quen de apágalo con dous tractores cargados con auga no «depósito do  sulfato» e que se non fora por iso «houbera feito a malla. Houbera feito moito daño».

Explica que «o lume que había ao pé do regueiro, subiu a Cesures e logo baixou e pasou polo cemiterio e queimou a maleza pero aí parou.

Al labores de apagar o lume correron a cargo dos veciños aínda que tamén viñeron a apágalo, así o conta Luis: «Os da motobomba viñeron á noite porque o lume volvíase a reavivar. Pola noite apagárono e quedou listo e con eso non pasou nada, nas casas non pasou nada»

«Por debaixo do pueblo non ardeu pero por riba queimouse todo», remata Luis a conversa.

Este é o vídeo da conversa con Luis Alonso de Vales:

A conversa con Luis quedou interrompida pola patrulla da Policía Autonómica que andaban mirando de atopar posibles focos, xa que a primeira hora da mañá era imposíbel ver  os posibles reavivamentos xa que un denso fume cubría todo o val.

Luis Alonso: «O foco que viña de Viloira apagouse, se non houbera feito a malla»