jueves. 30.03.2023

O IEV organiza unhas xornadas sobre Florencio Delgado Gurriarán

O evento terá lugar o próximo día 24 de abril no Casino do Barco e durante o mesmo presentaranse varias obras literarias

Florencio
O IEV organiza unhas xornadas sobre Florencio Delgado Gurriarán junto con Nós

O Instituto de Estudos Valdeorreses,  IEV non quixo deixar pasar a oportunidade de celebrar o Día do Libro e unilo ao poeta valdeorrés,  Florencio Delgado  Gurriarán a quen este ano se lle dedicará o Día das Letras Galegas.

O evento terá lugar o vindeiro domingo 24 de abril no Casino do Barco. O programa comezará ás doce coa presentación do número 6 da revista cultural «Nos, a xente de ao redor» e contará coa participación da pintora e autora da portada, natural de  Millarouso, Lola  Doporto. Aqueles que compren un exemplar da revista recibirán de agasallo unha lámina de Florencio feita por Miguel Coello.

A continuación terá lugar a homenaxe a  Florencio Delgado  Gurriarán na que se recitarán varios dos poemas do protagonista do Día das Letras. O día incluirá a presentación dos libros «Historias do  fumeiro», de Avelino Jácome; e «A Bela Otero», de Miguel Coello. Ao finalizar haberá unha comida de fraternidade.

Segundo anunciaron desde o  IEV, ao redor de 40 intelectuais ourensáns desprazaranse ao Barco para participar nesta homenaxe, entre eles escritores, poetas, pintores e artistas.

“Trátase dunha xornada cultural e lúdica.  Un acto singular o que asistirán importantes intelectuais e artistas para homenaxear ao poeta de  Córgomo. Esperamos a vosa asistencia e, se queredes acompañarnos na comida de fraternidade,  acede a reserva telefónoo ou  WhatsApp 672 43 58 91 (Avelino Jácome) ou ao teléfono o  WhatsApp 653 329464”, destacan desde o  IEV.

O IEV organiza unhas xornadas sobre Florencio Delgado Gurriarán