
Florencio Delgado Gurriarán, «unha vida exemplar» co galeguismo

A figura de Florencio Delgado Gurriarán é a protagonista do 2022 en Valdeorras. Á espera do Día das Letras Galegas, os actos seguen sucedéndose na comarca. O último, este martes, cando se presentaba a reedición da biografía a cargo de Ricardo Gurriarán e, máis unha antoloxía poética dirixida por Xesús Alonso Montero —ambos da Editorial Galaxia—.
No acto estiveron presentes ambos autores que fixeron unha loanza á figura de Florencio. Era Alonso, defensor da candidatura xa no 2002, lembraba que a clave desta conmemoración é «que se lea ao escritor. Sobre todo que nos centros escolares non só os alumnos de Bacharelato, senón tamén os da ESO, lean a Delgado Gurriarán».
E, é que a obra de Florencio servirá a estes mozos para «levalo na memoria como un guía. É unha vida exemplar. É moi difícil atopar a alguén tan coherente coma el».
Alonso destacaba na presentación que Delgado Gurriarán foi un dos primeiros escritores da lingua galega. «A súa fidelidade coa lingua é verdadeiramente extraordinaria. Nin se queira os galeguistas daquela eran tan coherentes na práctica como el».
Na presentación tamén estiveron presentes o alcalde do Barco, Alfredo García, o rexedor de Vilamartín, Enrique Álvarez Barreiro e a concelleira de cultura do Barco, Margarida Pizcueta.