viernes. 29.03.2024

A inauguración da exposición sobre Luís Nogueira que mostra obxectos persoais do atleta de San Vicente, afincado no Barco enmárcase dentro do programa das Festas do Cristo 2022. No acto inaugural, celebrado na tarde do 12 de setembro, estiveron presentes o alcalde do Barco, Alfredo García; o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos; o concelleiro de Deportes do Barco, Aurentino Alonso, a directora da exposición, Verónica Vieira e a súa viúva, Ramona Iglesias.

A Sala Abanca quedouse pequena . Amigos, xente do deporte e da política encheron o espazo da exposición, onde se puido ver un vídeo deste amante da súa terra.  A mostra percorre a vida do atleta valdeorrés a través dos obxectos personais, fotografias e escritos. Ata o 12 de outubro poderase visitar de luns a xoves de 19.00 a 21.00 horas e venres e sábados de 11.30 a 13.30 horas

somoscomarca_exposicion_luisnogueira_salaabanca_2022-09-13 (11)
Os asistentes visionando o vídeo

«Homes como Luís fan máis grande o deporte, fan máis grande a unha sociedade»

O presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, destacou os importantes éxitos deportivos pero tamén a grandeza da súa persoa , «un home líder que tiña unha  personalidade que transvasaba  o ámbito da motricidade. Un home que cando falaba escoitabámolo, porque sempre dicía cousas que nos facían pensar».

«Ínchenos de orgullo por que por riba dos seus éxitos importantísimos deportivos, está unha persoa que entraña uns grandes valores. Admíroo como persoa que fai deporte, que forma parte da cultura. Eu me sinto moi orgulloso como presidente e ademais falo das moitas persoas que pensan como eu», significou.

somoscomarca_exposicion_luisnogueira_salaabanca_2022-09-13 (8)
Alfredo García, Isidoro Hornillos e Moncha visualizando o vídeo sobre Luís

Subliñou que que «no atletismo galego é unha persoa moi querida, moi respectada e por suposto moi admirada». «Son desas persoas que cando pasan deixan huella», apostilou. «Unicamente a morte consigue a vitoria cando chega ao olvido, pero actos coma este nos fan pensar que non, que Luís sigue con nos. Polo tanto quero felicitar a Moncha, a súa familia, a todos vos por estar aquí porque para min e un momento moi emotivo», continuou

«Como presidente da federación galega me sinto tremendamente orgulloso de haber contado con homes como Luís que fan máis grande o deporte que fain más grande a unha sociedade», rematou.

«Un deportista excepcional pero sobre todo unha persoa extraordinaria»

Aurentino Alonso, concelleiro de Deportes do Barco subliñou o eterno sorriso de Luís, «creo que é o recordo de todas as persoas que estamos aquí. Nunca tiña un ha mala expresión, daba gusto estaba con el».

Agradeceu a súa dona e a todos es que fixeron posible o «recopilatorio da vida de Luís» e o trouxeron ao Barco xa que «mostra a faceta de Luis que se coñecía menos e que agora se pode ver en todo o seu esplendor».

somoscomarca_exposicion_luisnogueira_salaabanca_2022-09-13 (1)
O presidente do ADAS, Tinín González, non faltou a cita

Louvou a súa traxectoria deportiva recalcando os campionatos absolutos conqueridos. Alonso destacou a entrega de Luís ao deporte, entrenando de cotío, «incluso nos últimos meses». A forza de vontade  «non ten precio». «Luís foi un deportista excepcional pero sobre todo unha persoa extraordinaria».

«Espero que vos sintades arroupados por el»

 A directora da exposición, Verónica Vieira explicou como estaba organizada e que «pretende amosar unha parte de como era Luís. Porque amosar todo era imposible, pero espero que vos sintades nela arroupados por el».

«Está pensada para vela de esquerda a dereita o fío condutor serán as historias da natureza, do rural, e das persoas e animais que as habitan», significou.  O primeiro que se achega ao visitante, segundo a directora é a zoa persoal onde está o escritorio cos obxectos persoais, e fotografías de San Vicente, a terra co viu nacer. Neste recuncho o sorriso de Luís embárgao todo.

somoscomarca_exposicion_luisnogueira_salaabanca_2022-09-13 (10)
Unha  fotografía dunha aciñeira feita por Luís Nogueira

As fotografías da natureza son a seguinte parada; árbores, ceo e  auga, «nas que se poden admirar a beleza na variedade de composición, luces e sombras». Despois as «fotografías dos primeiros planos, onde se pode observar a loba que Luís axudou e salvou dunha trampa».

Por último a zoa adicada ao deporte, onde se pode ver  a súa xavelina e a antorcha  olímpica do 92. A saída, un caderno onde o visitante poderá  deixar por escrito as súas sensacións e o que lle pareceu a mostra.

Exposición sobre Luís Nogueira «deportista excepcional e unha persoa extraordinaria»