martes. 01.07.2025

O Día das Letras Galegas arrancou cun acto conmemorativo a Florencio no Teatro Lauro Olmo do Barco

Ás 11 da mañá comezaban os actos de celebración do Día das Letras galegas, As Letras de Florencio, cun acto conmemorativo ao que asistiu o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, así como as fillas do homenaxeado.

Despois da foto de familia, ás portas do Teatro Lauro Olmo,  Alfonso Rueda, que asistía ao seu primeiro acto oficial coma presidente, percorreu a exposición “Bebedeira de Soños”. Estivo acompañado polo alcalde do Barco, Alfredo García e Ricardo Gurriarán, familiar e biógrafo de Florencio, quen lle foi explicando cada un dos paneis. Non faltou o agasallou dun ramo de flores a cada unha das fillas do poeta de Córgomo.

somoscomarca_obarco_roygalan_alfonsorueda_letrasgaleda_teatrolauroolmo_manuelbaltar_alfredogarcia_alcaldes_gabrielalen_victorfreixanes_diasdasletraS_florencio_2022-05-17 (2)
As fillas de Florencio coas flores agasallo do presidente, Alfonso Rueda en la exposición «Bebedeira de soños»

O acto estivo presidido polo presidente do goberno autonómico, Alfonso Rueda; e contou coa presenza, entre outros, do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; o alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García; a presidenta do Consello da Cultura, Rosario Álvarez; o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes; o subdelegado do Goberno, Emilio González; o senador, Miguel Bautista, os deputados parlamentarios María González Albert e Eduardo Ojea; así como todos os alcaldes de Valdeorras e familiares do intelectual homenaxeado.

somoscomarca_obarco_roygalan_alfonsorueda_letrasgaleda_teatrolauroolmo_manuelbaltar_alfredogarcia_alcaldes_gabrielalen_victorfreixanes_diasdasletraS_florencio_2022-05-17 (10)
Manuel Baltar, Ricardo Gurriarán, Alfonso Rueda, Gabriel Alén y Alfredo García en la exposición

A música de de Roi Casal deu inicio o acto conmemorativo no que o primeiro en tomar a palabra foi o alcalde do Barco, Alfredo García quen subliñou: «Hoxe Valdeorras é o centro da cultura Galega». Recalcou o compromiso de Florencio coa súa terra e como foi quen de espallar a cultura galega polo mundo e significou o traballo dos que creron en Florencio desde sempre e levan traballando para que «hoxe se celebren as Letras de Florencio». «Desde hai seis anos todas as institucións da comarca e a institucion provincial decidiron poñer en marcha un proxecto a longo plazo para acadar o obxectivo de que Florencio algún día fora nomeado para as Letras Galegas».

somoscomarca_obarco_roygalan_alfonsorueda_letrasgaleda_teatrolauroolmo_manuelbaltar_alfredogarcia_alcaldes_gabrielalen_victorfreixanes_diasdasletraS_florencio_2022-05-17 (12)

García non pasou por alto a estrea do presidente da Xunta no Barco e así llo significaba: «Presidente, como alcalde do Barco, alégreme moitísimo de ser o anfitrión do primeiro acto público do teu novo cargo. Chegas ao Barco, como dicimos aquí «noviño do trinque». Non teño dubida que valdeorras está no teu corazón. Fixo referencia a súa relación co novo presidente de cando fora presidente da FEGAM e tamén significou que pensaba seguir algúns dos proxectos que comezaran xuntos.

Video do inicio do acto e intervención de Alfredo García:

Despois de García interviñeron Victor Frreixanes, presidente da Real Academia Galega; un emocionado Ricardo Gurriaran en representación da familia; o presidente da Deputación Manuel Baltar e por último pechou o acto o presidente da Xunta Alfonso Rueda.

Manuel Baltar Reivindica o Legado de Gurriarán

O presidente da Deputación interveu esta mañá no acto das Letras Galegas 2022 para homenaxear ao intelectual de Córgomo, un autor que abarca na súa obra "os cantos xeórxicos e a exaltación dionisíaca e, pola outra, a denuncia social e a lira de combate, o froito da súa peripecia vital; a defensa da legalidade republicana, os circios ideais do galeguismo, a guerra civil, o exilio e a súa fonda visión de México e de toda América".

No seu discurso, Manuel Baltar, lembrou os vencellos de Delgado Gurriarán coa súa Valdeorras natal, "por suposto, coa toponimia xenuína que el reclamou, é dicir A Rúa, O Barco, Rubiá, Petín, O Bolo, Carballeda, Larouco, Vilamartín e A Veiga. Nove concellos que conforman nove latitudes. Un universo marabilloso, un val de vales agarimado por outras serras, presidido pola soberana grandeza de Pena Trevinca, dous mil cento vintesete metros de altitude, a testa erguida da 'Galicia Infinda".

somoscomarca_obarco_roygalan_alfonsorueda_letrasgaleda_teatrolauroolmo_manuelbaltar_alfredogarcia_alcaldes_gabrielalen_victorfreixanes_diasdasletraS_florencio_2022-05-17 (20)
Manuel Baltar durante a súa intervención

O presidente da Deputación reivindicou o legado literario de Delgado Gurriarán, citando a  Xosé Ramón Pena para inserir ao autor valdeorrés nas "avangardas enxebres", destacando unha obra que abarca "os cantos xeórxicos e a exaltación dionisíaca mesturados de erotismo e, pola outra, a denuncia social e a lira de combate, o froito da súa peripecia vital; a defensa da legalidade republicana, os circios ideais do galeguismo, a guerra civil, o exilio e a súa fonda visión de México e de toda América".

Baltar leu uns versos dos "Poemas Mexicanos" antes de, apoiándose na biografía de Delgado Gurriarán escrita polo seu sobriño Ricardo -que tamén interveu no acto desta mañá- definir ao homenaxeado como un "poeta, tradutor, político e animador cultural, sempre firme defensor da identidade de Galicia; desde o seu nacemento, en 1903, no Córgomo, concello de Vilamartín de Valdeorras, ata o seu pasamento, en 1987, en Fair Oaks, California".

Alfonso Rueda celebra o Día das Letras no seu primeiro acto oficial

O presidente da Xunta despois de agradecer a presenza das autoridades,  facendo fincapé ás cariñosas verbas que lle dedicou García dirixiuse as fillas e familiares de Florencio cunha agarimosa mensaxe: « Moitísimas  grazas  por  estar  aquí  as  súas  fillas.  Teño  que  dicir  que  acabo  de  coñecelas pero é certo que ás veces coñeces á xente e nun momento dásteconta de como son, do que senten.  E,  eu,  o  que  sentín  hoxe  foi  o  orgullo  do  seu  pai, moitísimo,  e  o agradecemento  por  estar  aquí  e  iso  ten  que  ser  tamén  das  sensacións  e  do  que  lle transmitiu  o  seu  pai  durante  moitísimo  tempo.  E  nótase  que  aquí  tamén  fixo  un magnífico labor. Grazas por estar aquí e benvidas a Galicia».

somoscomarca_obarco_roygalan_alfonsorueda_letrasgaleda_teatrolauroolmo_manuelbaltar_alfredogarcia_alcaldes_gabrielalen_victorfreixanes_diasdasletraS_florencio_2022-05-17 (5)
Alfredo García recibe a Alfonso Rueda cun afectuoso abrazo

Fixo referencia ao seu primeiro acto oficial como presidente coas seguintes verbas: « Non se me ocorre mellor maneira de comezara miña andaina que hoxe aquí, na comarca de Valdeorras, celebrando un día tan importante para Galicia, para a nosa cultura, para a  nosa  lingua,  conmemorando  o  que  empezou  hai  tanto  tempo  coa  publicación  deses Cantares  Gallegos  que  supuxeron  un  rexurdimento  que  deu  moitos  pasos  para  diante pero  que  aínda  ten  que  dar  moitísimos  máis.  E  eu  tamén  aí  intentarei  estará  altura desta  encomenda,  desta  enorme  riqueza  que  supón  ter  en  Galicia  unha  lingua  e  unha cultura propias».

somoscomarca_obarco_roygalan_alfonsorueda_letrasgaleda_teatrolauroolmo_manuelbaltar_alfredogarcia_alcaldes_gabrielalen_victorfreixanes_diasdasletraS_florencio_2022-05-17 (21)
Alfonso Rueda durante a intervención no Teatro Lauro Olmo

Non faltou a alusión á vida e obra de Florencio: « “Nosa Galicia é máis que toda a Terra”. O verso de Florencio Delgado Gurriarán non é, nin  moito  menos,unha  impugnación  dos actuais  lindes  do  país,  nin  unha  arroutada imperialista. Nin sequera unha hipérbole. A “Galicia infinda” é, pola contra, un universo verdadeiro comandado por figuras coma el, que existe grazas á lingua e grazas á cultura.Acudir estas razóns axuda para entender por que o poeta, e tantos outros exiliados en tempos  escuros,  mantiveron  acesa  a  chama  da  nosa  cultura  alá  onde os  levaron  os pasos do seu exilio.  Non se impuxo neles o resentimento nin o desarraigo. Ao contrario, o seu compromiso vital  e  culturalforon  demostrativos  de  que  hai  unha  Galicia  que  é  terreal  e  outra  que “somos nós, a xente e máis a fala”, como a describiu Manuel María. Está aquí pero viaxa sempre na cabeza e no corazón de cada galego.Sen poder pisar Córgomo durante demasiados anos, Florencio Delgado Gurriarán habita tamén esa  outra  terra mentres  segue  cultivando unha  longa  tradición  de construtores de Galicia desde fóra de Galicia»

No seguinte vídeo podedes ver e escoitar a intervención de Rueda:

 

O Día das Letras Galegas arrancou cun acto conmemorativo a Florencio no Teatro Lauro...