
Flores no Camiño

Flores no Camiño

Flores no Camiño

Flores no Camiño

Flores no Camiño

Flores no Camiño

Flores no Camiño

Flores no Camiño

O Concello do Barco entregou este venres, 28 de abril, 600 macetas con plantas en flor que adornarán balcois e terrazas, dentro do proxecto "Flores no Camiño". En total foron 100 os solicitantes que se inscribiron e que locen nas súas vivendas, petunias, cunchas, surfinias, xeranios e verbenas.
O alcalde do Barco, Alfredo García e o concelleiro de Turismo e Comercio, Eladio Santos, foron os encargados de facilitar as plantas ornamentais aos que as solicitaron. Tamén estivo a encargada da oficina Diana Ramos, botándolles unha man.
Como en edicións anteriores, o Concello solicitou a participación dos veciños nas rúas do Barco polas que discorre o Camiño de Inverno para engalanar as vivendas que locen, se cabe máis bonitas de cara aos peregrinos que pasen pola vila. Porén, puxéronse a disposición dos habitantes desas rúas plantas con flores de diferentes especies, que disporán de balcóns ou terrazas axeitados, para contribuír a decorar os edificios situados no Camiño.
O Concello entregou as plantas, cun máximo de 6 unidades por vivenda ata completar existencias. O horario de recollida foi de 17:00 a 20:00 horas na Praza de Abastos. concentrándose a maior parte de xente na primeira hora.
Os solicitantes tiveron que comprometerse a completar o número total dos seus balcóns ou terrazas coas súas propias flores.