jueves. 18.04.2024
somoscomarca_240307_obarco_obras_ruacanton_viatren
Comezaron os traballos de asfaltado no casco urbano do Barco

Este xoves, 7 de marzo, deron comezo os traballos de asfaltado de rúas no casco urbano do Barco. A empresa local Acoval foi a adxudicataria deste proxecto, cun orzamento de algo más de 216.000 euros.

O xoves e o venres realizaránse traballos de fresado nas rúas Cantón, Eloy Rodríguez Barrios (entre Balorca e Estación), A Rampa, Ramón y Cajal e Estación (no tramo máis próximo á estación de Renfe). Se non chove, o martes próximo comezará o asfaltado nestas rúas e máis en Eloi Mira, que será a primeira na que se realizarán estes traballos.

somoscomarca_240307_obarco_obras_ruacanton_viatren
Sinal que  prohibe o acceso á Rúa cantón do Barco, onde comezaron as obras

Si se rexistraran malas condicións climatolóxicas, en vez de asfaltar a partir da próxima semana, continuaríase co fresado nas rúas José Otero, Ourense, Río Galir, Río Mariñán e Río Miño, que serán as seguintes en ser asfaltadas. A realización destes traballos implicará variacións no tráfico rodado, así como a retirada de vehículos aparcados nas rúas afectadas.

En todos os casos, a empresa adxudicataria e a Policía Local colocarán os sinais precisos para que os traballos xeren os menores trastornos posibles. Unha vez rematado este proxecto, está previsto executar o de renovación do firme da estrada entre Vilanova e Forcadela, o asfaltado da estrada de Vales a Cesures, e a renovación do firme de rúa en Xagoaza.

somoscomarca_2403_obarco_obras_avenidaestacion (1)
Valo que sinala oa prohibición dd aparcar na Avenida da Estación o venres 8

O prezo de licitación deste proxecto foi de 185.700 euros. Dende o Concello rogan a colaboración da veciñanza, na retirada de vehículos aparcados e no respecto da sinalización provisional das obras, para o bo desenvolvemento destes proxectos.

Cabe recordar que a resolución desta adxudicación facíase pública en xulio do 2023. O orzamento era de 400.000 euros para obras de melloras de firme en 10 rúas, ubicadas no núcleo urbano e 3 estradas de 5 parroquias do concello. 

Comezaron os traballos de asfaltado no casco urbano do Barco