jueves. 30.03.2023

O colexio Divina Pastora celebra o Día da Paz na Praza do Concello do Barco

Os centros educativos de Valdeorras organizan diversas actividades como talleres ou coloquios, entre outras

Os nenos e nenas do colexio Divina Pastora celebraron o Día da Paz cunha concentración na Praza do Concello do Barco. Así, tanto profesorado como alumnado leron un manifesto a prol da paz, portando unhas pequenas manualidades en forma de árbore en sinal de apoio a que a comarca se recupere pronto dos incendios.

Por parte do profesorado, no texto manifestouse a necesidade dunha educación inspirada nunha cultura de non violencia e de paz. Ademais, esa educación ten que permitir «adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o noso desenvolvemento como cidadáns globais e críticos cos nosos dereitos e cos doutras persoas».

Neste acto tamén participaban o alcalde do Barco, Alfredo García; e a concelleira de Cultura e Educación, Margarida Pizcueta. Así, o alcalde recoñeceu que era unha honra ver a tantos nenos e nenas na Praza do Concello, pero sobre todo o traballo que desenvolven nas clases. «Eu quero falar da paz do voso mundo, na aula, no patio nas rúas», afirmaba, «hai que falar de portarse ben, de poñerse do lado do compañeiro, iso tamén é falar de paz».

Pola súa banda, a concelleira de Cultura e Educación citaba a Albert Einstein, entre outras personalidades. Ademais, explicoulle aos nenos e nenas o concepto de paz: «é un valor fundamental na vida das persoas de todo o mundo, é o froito de saber escoitar, de entender a todas as necesidades, as nosas pero tamén as alleas». Así, afirmou a necesidade de abrir a mente para «baleirala de prexuízos e enchela de amor, de comprensión e de respecto». «Vós sodes o futuro, a luz da esperanza para a humanidade e sodes a forza do cambio», concluía Pizcueta.

O Pablo VI  Día da Paz e campaña contra a fame

O colexio Pablo VI da Rúa plantexa varias actividades para celebrar o Día da Paz, fusionándoas cunha campaña contra a fame. Comezan este luns e poderán acudir tanto alumnos, como familia, como comunidade educativa.

Así, terá lugar o irmandamento  do alumno maior co pequeno e talleres de sensibilización entre os que se atopan os relacionados coas cancións, pulseiras, globoflexia ou marca páxinas.

somoscomarca_obarco_diadelapaz_diapaz_2023 (2)
somoscomarca_obarco_diadelapaz_diapaz_2023 (2)

Xa o martes 31 será a quenda da oración, o manifesto pola paz, a solta das palomas e a charla da misioneira María del Carmen Morales. Tamén se poderá mercar un bocadillo solidario polo prezo de 3 euros.

Condesa de Fenosa, un gran mandala pola paz

«No Colexio Plurilingüe Condesa de Fenosa vimos de conmemorar o Día da Paz elaborando entre [email protected] un fermoso mandala, cantando e xogando a xogos cooperativos no patio. Tamén houbo tempo para ver algunhas curtas de animación sobre a convivencia pacífica e realizar murais e traballos», comunican desde o centro educativo barquense.

somoscomarca_obarco_condesadefenosa_diadelapaz_diapaz_2023 (5)
Mandala feita polo alumnado do Condesa de Fenosa do Barco

O colexio Divina Pastora celebra o Día da Paz na Praza do Concello do Barco