viernes. 11.07.2025

O Barco encherase de diversión acuática para os máis pequenos entre o 15 e o 18 de xullo

A entrada terá un prezo único de 3 euros por persoa, que permitirá o acceso libre a todos os inchables durante as tres horas de funcionamento
undefined
O Barco encherase de diversión acuática para os máis pequenos entre o 15 e o 18 de xullo

Durante catro días, do 15 ao 18 de xullo, o Campo da Festa do Barco converterase nun espazo cheo de saltos, risas e auga. Os nenos e nenas da vila poderán gozar dunha ampla variedade de inchables, moitos deles con elementos acuáticos, perfectos para combater o calor do verán mentres se divirten en una nueva edición de Diver Verán.

As atraccións estarán dispoñibles cada tarde, entre as 19.00 e as 22.00 horas. A entrada terá un prezo único de 3 euros por persoa, que permitirá o acceso libre a todos os inchables durante as tres horas de funcionamento.

A iniciativa do concello promete converterse nun dos plans favoritos das familias barquenses nestas datas, ofrecendo unha alternativa de lecer segura, refrescante e ao alcance de todos.

O Barco encherase de diversión acuática para os máis pequenos entre o 15 e o 18 de xullo