Os máis pequenos da casa —e para todos os demais— poderán desfrutar dende hoxe luns 22 de xullo do Diververán, «unha iniciativa que xurdiu o ano pasado como unha demanda dos nenos dunha gran ludoteca ou un gran espazo de divertimento e ocio», segundo apuntaba a concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta.
O espazo abrirá até este domingo día 28 en horario de 19:00 a 22:00 horas. «Son sobre 2.300 metros cadrados de atraccións e inchables para todas as idades e tamén con zona de bar para as persoas que queiran achegarse». O acceso ao recinto ten un custo de 5 euros «que vale para todo o horario».
Un horario que, segundo explicaba a concelleira, «está adaptado ás horas máis débiles do sol porque toda a calor que vén estes días».
Pode escoitar a entrevista completa con Margarida Pizcueta no seguinte enlace de audio: