jueves. 18.04.2024
06680adf-30d4-4b0f-9605-5e8137dba496
O Barco conta as horas para a chegada das festas de Santa Rita

Xa está todo preparado para o comezo das  festas de Santa Rita no Barco. Unha salva de bombas a media mañá anunciaba a festa. Dous anos agardando o momento que case se está rozando cos dedos. Teatro, pasarrúas, música, exposicións, tiro ao prato. Radio Valdeorras Onda Cero, no programa especial Festas de Santa Rita que se emitiu de 13.00 a 14.00, este 20 de maio, fíxose eco de todo o que vai acontecer neste 3 días

Alfredo García, alcalde do Barco, foi quen abriu o espazo radiofónico, non puido estar no estudio debido a que as obrigas do cargo non o fixeron posible. Quen si estivo foron os Raules —Raúl pai e Raul fillo— os cuales fixeron un repaso pola programación festiva.

Tamén houbo tempo para falar da importante labor que fan as comisións de festas, homes e mulleres que traballan para que os demais se divirtan. Rompedeiros de cabeza, malas contestacións nalgúns casos pero, o que está claro que sen eles a festa non existiría.

Estivo Aníbal Fernández falando do tiro o prato que comeza  mañá pola tarde e remata o domingo. Don Jesús, párroco do Barco, non faltou a cita para recordar aos devotos os horarios das misas e os actos que a igrexa ten programados, tal como o concerto de Aberto González na compaña ao piano de Fran de la Mata.

Para rematar un recordo a Antolín Rodríguez que finou hai un mes e que houbo un tempo en que falar de festas era falar deste grande organizador ao que poucas se lle escapaban.

Se queres escoitar o programa completo preme na seguinte ligazón:

O Barco conta as horas para a chegada das festas de Santa Rita