
Manzaneda recolle un dos Entroidos máis antigos de Galicia, declarado de interese turístico da comunidade. Este 2022 realizarase coa mesma ilusión que sempre, pero adaptándose ás medidas sanitarias vixentes ata o momento.
O día forte da festa é o martes de Entroido, onde os foliones percorren as rúas do municipio e, este ano non ía ser menos. O Concello ten prevista unha última reunión para concretar todo o relacionado co festexo, sen emabargo os veciños non poderán gozar da comida popular.
Como cada ano, as mázcaras desfilaban desde o CEIP de Manzaneda ata o Pavillón Municipal do municipio, onde se celebraba a comida popular. Este ano non se poderá levar a cabo, porque como ben afirma o alcalde, Amable Fernández, «debido ao covid é imposible xuntar a 1000 persoas para comer».
Os folións xa deron o pistoletazo de saída ao Entroido 2022. Os grupos comezaron coas súas actuacións polos pobos do municipio, esperando a que chegue o día forte, o martes de Entroido.