O 1 de xullo de 1999 é unha data para recordar no Concello de Manzaneda. Ese día abríanse as portas da única residencia de maiores que hai no municipio.
Jesús Losada, Divina Núñez, Sebastián Núñez e Camila Álvarez, son os nomes das primeiras catro persoas que «entraron na residencia», recorda Amable Fernández, alcalde do Concello de Manzaneda. Ao principio contaba con 22 postos de traballo, despois ampliábase ata 25 —co posto dunha educadora e dunha fisioterapeuta—.
Outras persoas a destacar son os traballadores. De feito, durante a xornada de aniversario recoñecéuselle o esforzo feito ós únicos sete que están aí dende que o centro abriu as súas portas. Mario, Manola, Asunción, Milagros, Mila, Secundino e Marisa, son os que «quedan desde que se iniciou, levan xa 25 anos». Por este motivo fixéronlles «unha placa para que teñan un recordo», matizou o alcalde.

Durante este tempo a residencia acolleu un total de 360 persoas. Cabe destacar que hai residentes de Pontevedra, A Coruña, Madrid ou Cantabria.
A misa, que era o primeiro dos actos, tivo lugar ás 11:00, «despois vamos ter unha comida especial para eles», explica. Os traballadores da residencia mantiveron unha reunión para facer balance deste carto de século. O encontro rematou cun xantar.

Para que os residentes seguisen desfrutando deste día, ás 16:30, unha parte dos acordeonistas de Airiños da Porta Falsa ofreceron un concerto. «Gústalles moito a música de acordeón», engade o alcalde.