jueves. 19.06.2025

Xavier Paz: "Escribo para encher a miña ignorancia"

portada

Somos Comarca estivo esta semana co escritor coruñés Xabier Paz para falar do seu novo libro novelado: Aníbal e a pintora que presentou a tarde do venres na Biblioteca Pública Delgado Gurriarán de O Barco.

Somos Comarca: Cóntanos, de qué trata Aníbal e a Pintora?

Xabier Paz: É unha ficción sobre a biografía de Artemisa Gentilescci, ou Artemisa Lomi, como asinaba ela de forma preferente para abeirar o apelido do pai. Artemisa é unha pintora extraordinaria que foi violada na casa aos 17 anos polo seu mestre de perspectiva. Foi sometida a un xuízo público no que foi torturada para comprobar que dicía a verdade e o seu violador foi sometido a unha condena moi leve que posteriormente lle sería conmutada. Ela conseguiu consagrarse como pintora e exerceu en Florencia, Nápoles, Roma, Londres... Foi unha muller que triunfou, tivo fillos e impúxose ás tremendas inxustizas e desgrazas que sufriu. Grazas ao seu arte e ao seu xenio foi unha muller libre. Tivo un amante durante anos así como amiga e correspondente de Galileo... En definitiva o libro conta a historia de Artimesa Gentilescci, pero reflexionada a partir da relación que establece cun home un pouco obsesivo.

SC: Por qué decidiches contar a historia desta muller?

XP: Batín cun cadro na Internet mentres preparaba un taller para uns alumnos de bacharelato que me chamou moito a atención. Representaba a Susana e os vellos e tiña unhas cores chamativas, cun debuxo moi coidado  e unha gran técnica. Eu non o coñecía e procurei ver quen era o autor, que para a miña sorpresa era unha autora. Constatei que tiña 17 anos cando o pintou, en 1610, e decateime da súa precocidade case xenial.

SC: ¿Cómo foi o proceso de documentación?

XP: Canto coñecín a súa historia comprobei que xa escribiran sobre ela, lin todas esas novelas, intereseime máis sobre elas e comprei libros, catálogos, visitei exposicións... Foi case unha carreira, estiven 6 anos –nin todos os días nin oito horas cada día-, houbo temporadas de maior intensidade, pero para min era un pracer, un gusto de coñecer, saber, aprender... Intentar chegar a certa verdade da vida desta muller que me parecía extraordinaria.

SC: ¿Qué tal está sendo a acollida do público?

XP: Leo algunhas críticas e creo que ten boa acollida. A algunha xente parécelle densa, a outra xente parécelle estimulante... En fin, depende do lector.

SC: ¿Podemos coñecer personaxes históricos a través das túas novelas?

XP: Si, algúns si, outros son inventados. Neste caso existen as obras dela  e documentación da súa historia. En realidade escribo para encher a miña ignorancia. Penso que en calquera época se poden tratar temas universais, como neste caso a relación pai e filla, o fantasma do incesto, a emancipación da muller no seu traballo, a violencia... Temas que desgraciadamente seguen sendo de actualidade.

SP: Estas traballando xa nalgunha nova novela?

XP: Si, teño practicamente rematada sobre a biografía novelada de Galileo Galilei, que xunto con Renacer e esta de Artemisa configurarán un tríptico itálico.

SP: Pois estaremos pendentes desa outra novela. Moitas gracias!

Xavier Paz: "Escribo para encher a miña ignorancia"