martes 19/10/21

O cartel de Mauro Docampo portada da páxina da Xunta de Galicia

O alumno do IES

Lauro Olmo do Barco gañador do concurso de carteis do 8-M recibiu o premio da

man do presidente da Xunta

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, presidiu, o acto de entrega de premios do concurso escolar de carteis con motivo do Día Internacional da Muller, no que Mauro Docampo Gacio acadou o primeiro premio, na categoría de 3º da ESO co traballo titulado, Rompamos o teito de cristal. A profesora do IES Lauro Olmo e titura de Mauro, Tania Merayo, acompañouno en todo momento e tamén estivo presenta a hora de recoller o galardón.

Tania Merayo, Mauro Docampo e Alberto Núñez

O presidente da Xunta referiuse a algún dos traballos dos mozos e mozas galardoados, entre os que mencionou o de Mauro, e tamén o dos rapaces do Colexio Santo Ángel de Ourense ou o do CEIP Pío XII de Santiago. Tamén felicitou ao longo da súa intervención aos centros gañadores de cada categoría e a todos os que se animaron a participar: a Lucía, Beatriz e Julia, do Nosa Señora do Rosario da Coruña; a Lucía, Matías, Sara, Damián, Sheila, Jessica e Andrea, do IES Ribeira do Louro do Porriño; a Paula, do Colexio Santo Ángel; a Alejandro, do IES Río Cabe de Monforte; a Demeku, Lucía, Julia, Oxana, Noa, Nuria, Helena e Noa, do CEIP Pío XII de Santiago; a Nerea, tamén do Colexio Santo Ángel; e a Mauro do IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras.

O presidente da Xunta e o vicepresidente cos rapaces gañadores do concurso

«O concurso de carteis do 8-M transformouse nunha oportunidade para que os alumnos dos centros de toda Galicia reflexionen e nos fagan reflexionar sobre a igualdade», sinalou Feijoó, quen aproveitou o acto para reivindicar as historias anónimas das mulleres, nais e avoas, que tiveron que sufrir esa desigualdade que estaba instaurada na sociedade. Tamén expresou a súa absoluta confianza no futuro que lle depara a Galicia coas xeracións actuais e o seu desexo de que os próximos 8-M se celebre a igualdade real conseguida.

O cartel de Mauro Docampo portada da páxina da Xunta de Galicia