sábado. 20.04.2024

Julio Álvarez: «É

unha festa de interese turístico que quere chamar a atención e valorar  un produto único en Galicia como é o aceite

de Quiroga»

Os aceites de Quiroga «son únicos», segundo recoñecía o seu alcalde, Julio Álvarez a Raquel Cruz no espazo « Valdeorras en la Onda», emitido en Radio Valdeorras onda Cero esta semana. Nesta conversa tamén informaba o primeiro edil que, na mañá na que se producía a entrevista —o xoves 9 de maio—, os aceites de Quiroga viaxaban cara a universidade de Granada para que se examinasen os polifenoles antioxidantes e anticanceríxenos que posúen estes aceites. «É algo singular e único», recoñecía o alcalde, o igual que son únicas as oliveiras deste val, que están recoñecidas como tal polo Ministerio de Agricultura e incluso catalogadas, iso «danos unha singularidade, unha personalidade propia». Son especies autóctonas propias e únicas no mundo e por iso o alcalde quere pedir a denominación de orixe propia para o aceite de Quiroga.



A Mostra do Aceite de Quiroga celébrase mañá domingo, 12 de maio. Nesta festa do «ouro verde» abrirase un ano máis o muiño da Farrapa, no que se poderá ver a demostración da elaboración tradicional do aceite. Un burro fai mover a pía de moer que transforma as olivas nunha pasta. Unha vez moídas bótanse nuns capazos de esparto e coa axuda de auga quente sepárase a pasta na decantadora. O aceite flota e así, pode recollerse.

Grupo de gaiteiros e de danza ó carón da capela

Ademais no interior da capela das Farrapas, as 12:00 horas farase unha cata comentada por expertos nas que pode participar o público asistente. Haberá actuacións de danza e música tradicional galega, a cargo das agrupacións locais: Grupo de Gaitas O Recanto e Grupo de Danza San Martiño.

Nos postos da Mostra tamén se pode mercar pan ademais do aceite

O aceite dos produtores locais poderase mercar nas casetas instaladas no recinto da feira. Ademais haberá  demostración de cestería en vimbio, obxectos feitos en madeira de oliveira. Pulpo e carne o caldeiro con «boísimo» pan  feito nestas terras, para xantar.

Un momento da cata na capela do San Xoan das Farrapas

O 3 de maio como prolegómeno da «Mostra», os expertos cualificados de Amiaquigal, cataban os aceites inscritos para o concurso da mostra, no museo etnográfico municipal de Quiroga. Seis produtores acreditados presentáranse a cata, o gañador coñecerase no transcurso da Mostra.

Julio Álvarez catando o pulpo na Mostra do pasado ano

Se queres escoitar a entrevista completa a Julio Álvarez, fai click na seguinte ligazón:

Quiroga acolle unha nova Mostra do Aceite en Bendilló