Menuda tropa: o colexio Ramón Otero Pedrayo (Viloira) sumérxese no Camiño de Inverno

Alumnos do colexio Ramón Otero Pedrayo (Viloira)
Durante toda unha mañá os alumnos do centro educativo valdeorrés recorreron parte deste sendeiro ata chegar o Mosteiro de Xagoaza

Dar a coñecer o Camiño de Santiago e mailo Camiño de Inverno, dende moi cativos. Este foi o principal obxectivo da actividade que realizaron dende o colexio Ramón Otero Pedrayo de Viloira. Esta iniciativa enmárcase no Programa Vexo Veo Xacobeo. 

Cando alumnado de primeiro e segundo chegaron o mosteiro atopáronse cunha «sorpresa», como eles mesmos relatan. Un contacontos e músico estábaos esperando para pasar un rato moi ameno. 

«Estivemos falando e participando no Camiño de Inverno. Camiñamos 10 quilómetros e a verdade e que o fixeron xenial», asegura Gemma Delgado, profesora de educación física. 

Algo moi curiosos é que «nos atopamos cun peregrino de verdade, estivemos falando con el un montón de cousas. Foi moi interesante», explica a docente. Durante esta charla «ensinoulles a credencial, contoulles que fixera varios camiños e explicoulles como era un albergue». 

somoscomarca_240509_oteropedrayo

Despois desta charla, moitos dos alumnos animáronse a «querer realizalo, porque lles explicou que había tramos pequenos para nenos da súa idade e que o podían facer con algún papá ou un profe atrevido», comenta entre risas Gemma.