domingo. 15.06.2025

O instituto Martaguisela acollerá o III Concurso de Oratoria Intercentros

Marta Cortés, profesora e coordinadora do proxecto, móstrase contenta cos resultados obtidos nesta segunda edición do certame
P_somoscomarca_240219_obarco_martaguisela_premios
O instituto Martaguisela acollerá o III Concurso de Oratoria Intercentros

Tres alumnos do IES Martaguisela do Barco foron premiados na final do II Concurso de Oratoria Intercentros que se celebraba en Sarria. Marta Cortés é profesora do centro e coordinadora do proxecto explica que este certame «leva 2 anos en marcha. Está organizado polos equipos da Dinamización da Lingua Galega». 

Esta iniciativa nace da man do equipo do instituto Río Cabe de Monforte de Lemos, «é unha actividade do marco para dinamizar a lingua», explica. O instituto valdeorrés fíxoselle a proposta «e pareceunos excelente, porque o que nos interesa é que melloren a competencia oral». De feito, dende o centro educativo «témola como materia optativa», pero a profesora cree firmemente que debería ser «obrigatoria dende primaria». 

Neste concurso, de momento, están presentes tres institutos, «aínda que sería estupendo que se sumaran máis centros». Non solo pola oratoria, «tamén porque é unha xornada de convivencia, vamos visitar zonas. Estamos xuntos entre finalistas e profesores». 

Participar neste certame é voluntario, pero os alumnos do Martaguisela móstranse moi interesados, De feito, «participaron unha media de 10 alumnos por cada categoría». O que se fai é «falar durante un minuto dunha palabra escollida o azar», explica. Para poder facer a selección dos nove finalistas, «ponse en marcha uns horarios especiais para os profesores, que son o xurado», asegura. 

Esta segunda edición do concurso, na primeira das categorías foron elixidos: «Daniel Rodríguez, Lucía Rivera e Duarte Domínguez». Para o vindeiro ano, eles serán os anfitrións, «acolleremos a fina», conclúe. 

O instituto Martaguisela acollerá o III Concurso de Oratoria Intercentros