viernes. 19.04.2024

En total participaron 56 alumnos coas súas respectivas fotografías con frases de Xela Arias

A asociación Centro Comercial Aberto (CCA) entregou os premios de "Revelando a Xela" actividade que homenaxeou á poeta de Sarria, Xela Arias. A mestra tamén foi a personaxe elexida para ser honrada no Día das Letras Galegas deste 2021.

Esta iniciativa contou ca colaboración cos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros educativos barquenses. En total participaron 57 alumnos, sendo premiados un total de 6. Un por cada colexio e instituto da localidade, que foron o Conde Fenosa, Divina Pastora, Julio Gurriarán, Otero Pedrayo e os institutos Lauro Olmo e Martaguisela.

Os estudantes tomaron diversas fotografías inspiradas nos versos de Xela Arias e as instantáneas amosáronse, do 13 ó 31 de maio, nos escaparates dos establecementos asociados ó CCA O Barco participantes na campaña.

Dende os centros educativos salientaron que nas idades máis temperás foron elexidas unhas frases parecidas sacadas do libro "Darío a diario" que a poeta lucense escribiu inspirándose no seu fillo Darío cando este era pequeno.

Os premiados foron os seguintes:

CEIP Condesa de Fenosa-Manuel Velada Alonso.

CEIP Julio Gurriarán-Unai Fernández Álvarez.

CEIP Ramón Otero Pedrayo-Roua Qaddur.

Colexio Plurilingüe Divina Pastora-Hainoa Núñez Orlando.

IES Lauro Olmo-Pedro Vicente Polo.

IES Martaguisela-Daniel Blanco López.

Entregados os premios de "Revelando a Xela"