viernes. 29.03.2024

O artista xaponés, Yoshi Hioki, deleitou aos barquenses cos seus "Contos de Xapón" na Casa Grande de Viloira

A IX edición de De Perto continúa. Este venres o fixo co contador xaponés Yoshi Hioki, coa pieza “Contos do Xapón”. Foi unha sesión amena, divertida e cun interés a maiores. Coñecer a cultura xaponesa e todos as diferenzas cos europeos e o resto do mundo.

O artista xaponés naceu e creceu na ciudade de Hirakata, na perfectura de Osaka. Ao rematar o bacharelato na súa cidade natal trasladouse no ano 1991 a Barcelona para estudar pintura.

Alí coñeceu o mundo da narración oral, decidíndose profesionalizarse neste arte e sen parar de contar dende ese momento. Contos, mitos e historias de diferentes épocas forman parte do repertorio destinado para todos os públicos, dende os nenos ata os adultos.

Hioki pasou por diferentes tipos de escenarios como teatros, festivais, escolas, bibliotecas e casas da cultura de todo o territorio español. Tamén en Portugal e Latinoamérica poderon deleitarse co arte narrativo do xaponés.

Yoshi Hioki puso o toque internacional ao ciclo De Perto