viernes. 19.04.2024

Quico Cadaval acode xunto a Celso Fernández Sanmartín e Jose Luis Gutiérrez a pechar o ciclo De Perto

Este sábado a 8ª edición do ciclo De Perto baixa o telón, e o fará ca obra «Tres Vellas (Polo menos)» onde actuarán Quico Cadaval, Celso Fernández Sanmartín e Jose Luis Gutiérrez "Guti" , nunha tarde onde se espera calor, pero tamén as historias das señoras maiores recollidas por estes 3 actores.

Cadaval destaca que esta obra recolle nunha conversa as historias dos contos que as «vellas» contaban aos seus netos e visitantes e non están ningún libro: «Estamos colándonos nunha biblioteca, das mulleres labregas, do rural, do noroeste peninsular, porque Guti pateou a Serra da Culebra, Sanabria, A Seabra, e recolleu as historias de alí».

Esta función xa se representou en diversos lugares, entre eles os institutos da comunidade, facendo calado entre os estudantes: «É como unha voz que lles fala dende a escuridade, entón ven unha cousa que eles procuran no cómico ou no cinema están na súa tradición. Eles están nunha visita de volta a casa do misterio que é a tradición, chea de ecos, temos a experiencia de que é un exitazo».

Cadaval non é a primeira vez que actúa neste ciclo De Perto, de feito e a terceira vez que acode a Valdeorras para participar neste formato, en ambas o fixo as veiras do Sil, polo que esta vez debutará nos Xardíns da Casa Grande de Viloira.

A calor será protagonista do evento, pero o artista de Ribeira anima a toda a xente a acudir: «Que veña o público que nunca nos faltou no Barco, que non veñan agora ca disculpa da calor. Contaremos unhas historias refrescantes, e se despois fai falta tomaremos uns refrescos».

Se desexas escoitar todo o que dixo Quico Cadaval, podes facelo premendo na seguinte ligazón:

«Tres Vellas (Polo menos)» pecha o ciclo De Perto