O obradoiro de teatro sobre Florencio amplía o prazo de matrícula e comeza o 9 de xullo

O obradoiro de teatro sobre Florencio amplía o prazo de matrícula e comeza o 9 de xullo

A actividade, dirixida a rapazada de entre 10 e 18 anos, está coordinada pola dramaturga Amparo R. de Dios, e celebrarase os sábados de xullo pola mañá, cunha representación final nas festas de Santa Marta

 

O obradoiro de teatro encontro sobre a vida e obra de Florencio conducido pola dramaturga Amparo R. de Dios amplía o seu prazo de inscripción ata o xoves 7 de xullo e o inicio será finalmente o sábado 9.

Esta actividade, enmarcada nas Noites de Florencio, é gratuita e a inscripción debe facerse no Concello de Vilamartín, ben sexa presencialmente ou por teléfono no 988 30 00 01 en horario de mañá. Tamén pódese reservar praza a traveso do correo asletrasdeflorencio@gmail.com.

Esta actividade está destinada a público infantil e xuvenil de entre 10 e 18 anos, cun máximo de vinte participantes, os cales traballarán a traveso do xogo interpretativo durante as mañás dos sábados de xullo para chegar ás festas da Santa Marta de Córgomo cunha ou varias pezas listas para ser presentadas á veciñanza.

Son en total tres sábados de creación e ensaio: 09, 16 e 23 de xullo en horario de 11.00 a 13.30 horas no Centro Sociocultural Santa Lucía de Vilamartín. A representación final será polas rúas de Córgomo o 31 de xullo ás 20.00 horas.