viernes. 27.06.2025

A obra do artista valdeorrés Jesús Díaz Ferrer continúa a expoñerse na súa terra

A exposición do artista valdeorrés Jesús Díaz Ferrer Crónica de maio - París 1968, producida polo Concello do Barco co mecenado de Luis Enrique Rodríguez Arias Coquixo, continúa a súa itinerancia este verán. A mostra, composta de 44 obras do autor valdeorrés sobre o acontecido en París, onde el vivía, durante as revoltas de maio de 1968, rematou a súa estancia na igrexa da Universidade en Santiago. Sen deixar a provincia da Coruña, a partires de onte día 11 de julio xa se pode visitar en Muros, no Centro Patrimonial de Sel, ata o 25 de xullo. Entre o 30 de xullo e o 14 de setembro, a mostra poderá verse na Universidade da Coruña, no paseo da Ronda da cidade herculina.

Do 19 de setembro ao 5 de outubro, as obras do pintor barquense colgarán das paredes da sala da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte, Lugo. Xa a comezos de 2019 a mostra estará na provincia de Ourense, concretamente na sede da Fundación Vicente Risco de Allariz e no Liceo de Ourense, onde Díaz Ferrer fixera a súa primeira exposición de pinturas en 1945, apadriñado precisamente por Vicente Risco.

A obra do artista valdeorrés Jesús Díaz Ferrer continúa a expoñerse na súa terra