
O primeiro musical galego da historia chega esta noite ata Valdeorras no reinicio da actividade teatral baixo teito
O espectáculo debe continuar, e eso incumbe ao teatro que regresa esta noite as 21 horas no Teatro Lauro Olmo grazas a Escola Galega de Teatro Musical que acode ata a comarca ca representación do primeiro musical da historia feito en Galicia.
«O Candil» é a primeira obra elexida no regreso a actividade tras a emisión da película «Esenciales» no día de onte dentro da programación do Cine Clube Groucho Marx. Esta obra estreada en xaneiro na Coruña é unha comedia musical interactiva sobre tres mulleres moi distintas que buscan o propio ser ante un momento de confusión e cambio da mentalidade global. Concretamente en 1918, coincidindo co fin da Gran Guerra que deixou a Europa en ruínas.
Tamén fala do mundo que cambia, a reflexión sobre os erros do pasado que revoluciona o mundo laboral, o artístico, o feminino... A Coruña, pasa a ser un dos núcleos políticos, artísticos e sociais que máis brillan. Chegando o momento de falar da cidade moderna e atrevida, obreira, culta e innovadora, que non tiña medo ó futuro e daba a mellor acollida ás máis diversas personalidades.
Margarida Pizcueta, edil de cultura do Concello do Barco, subliñou a importancia do regreso do teatro a localidade tras 6 meses de parón «Estamos animados, esperanzados de que o público responda. A obra é o pistoletazo de saída do programa. A xente verá algo que nunca se viu, o primeiro musical galego da historia».
A diferenza do mes de marzo, as taquillas abriránse as 20 horas, 60 minutos antes do inicio da obra para evitar aglomeracións, disporáse de hidroxel para os asistentes, o uso de máscara será obrigatorio, habilitaránse entradas e saídas do recinto diferenciadas e así mesmo haberá un rexistro de espectadores voluntario.
Ata finais de ano os valdeorreses poderán ver obras de todo tipo, de humor, comedia ou destinadas para os máis pequenos.
Se desexa escoitar todo o que comentou Margarida Pizcueta, edil de cultura do Concello do Barco pode facelo na seguinte ligazón: