viernes 3/12/21

Esta noite produciráse a última actuación da novena edición do ciclo De Perto ca actuación do Grupo Chévere a partir das 20:30 horas

Esta tarde o ciclo De Perto tivo a súa penúltima actuación nos Xardíns da Casa Grande de Viloira. Miro Casabella foi o encargado de realizar un concerto musical onde repasou os seus últimos traballos ca bagaxe dunha amplia experiencia sobre os escenarios de toda a península ibérica.

A pesar da intensa calor que azota a localidade estes días, o artista de Ferreira do Valadouro encheu o recinto. Cabe recordar que Casabella conta con 54 anos de experiencia sobre os escenarios de España e tamén outros países europeos.

O seu debut musical aconteceu no ano 1967 en Barcelona, acompañando a cantantes da Nova Cançó Catalá. Foi tamén en Cataluña onde gravou os seus primeiros discos, a finais da década dos sesenta. Oseu contacto co grupo Voces Ceibes tivo lugar a mediados do ano 1968, cando Benedicto e Xerardo Moscoso acudiron á capital catalá co gallo de gravaren os seus primeiros traballos.

Miro integrouse no colectivo e mesmo chegou a participar do seu concerto fundacional en Compostela, o 1 de decembro daquel mesmo ano. Porén, o feito de continuar vivindo en Barcelona afastouno da meirande parte das súas actividades, sendo a longo prazo un dos factores da disolución do mesmo.

Nos anos seguintes, Miro participou en multitude de concertos e festivais, en Galicia e en toda a Península Ibérica, ademais de colaborar musicando pezas de teatro en galego e discos de historias para rapaces.

O último traballo individual do cantor foio disco Orballo, do ano 2004, onde ademais de revisar algúns antigos temas, toca novamente a problemática social do pobo galego dende unha perspectiva contemporánea, cunha canción dedicada ao Prestige. Ese disco e o feito de seguir participando en concertos, convérteno no último representante de Voces Ceibes en activo, tras a morte de Suso Vaamonde e o abandono da carreira musical do resto dos seus formantes.

Esta noite produciráse a última actuación da novena edición do ciclo De Perto ca actuación do Grupo Chévere a partir das 20:30 horas.

Miro Casabella encheu de música tradicional o ciclo De Perto